Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Concello de Cee concilia familias  Correo-e
miércoles, 10 de junio do 2009

ImageImage

Acaba de abrir o concello de Cee o seu programa de apoio á conciliación da vida persoal, familiar e laboral. O programa inclúe actividades lúdicas e educativas para que os cativos estean ocupados nas vacacións do verán.

O programa, organizado pola Delegación de Benestar Social e Igualdade de Cee e o Centro de Información á Muller de Cee, está pensado para os meses de xullo, agosto e setembro, e o número de prazas é de 30 cativos. O obxectivo está claro: favorecer a conciliación da vida familiar coa laboral.

Como requisitos, os nenas/os han de ser residentes en Cee, e ter idades comprendidas entre 3 e 12 anos. O programa está destinado a fillas/os de familias monoparentais; fillas/os de nais/pais que traballen fora da súa casa; fillas/os de familias con persoas dependentes á cargo; fillas/os de nais/pais que asistan a cursos de formación; ou fillas/os de familias en risco de exclusión social.

Máis información e inscrición

O prazo de inscrición remata o 26 de xuño.

Poden pasar polo Centro de Información á Muller de Cee, ou chamar ao 981 745 100.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Delegación de Benestar Social e Igualdade de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com