|

O Conselleiro de Medio Ambiente, Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pasou por Fisterra, e o fixo acompañado polo secretario provincial, Diego Calvo; o alcalde de Cqrnota, José Oreiro, e como anfitrión, José Manuel Traba, alcalde de Fisterra. E fixo para falar sobre a polémica surxida en torno á Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte. Agustín Hernández, afirmou que a autovía é unha prioridade para a Xunta, e acusou ao bipartito de comeza unhas obras que sabía que non podía rematar. Primeira pedra e pouco máis, que pensa o PP. Sobre a situación económica da empresa Ferrovial, da que onte facía referencia a voceira do PSdeG Marisol Soneira, Agustín Hernández, fixo públicos os documentos que demostrarían que a autovía Carballo-Berdoias tiña graves problemas de financiamento. Uns problemas, que segundo sinalan, eran ben coñecidos pola anterior Consellería de Pollítica Territorial, e que aínda así non impediu que o bipartito decidira colocar a primeira pedra da infraestrutura o 22 de decembro de 2008, “a sabendas de que as obras non podían iniciase, enganando a todos os cidadáns da Costa da Morte”, en palabras do novo conselleiro. Hernández indicou que o tramo da VAC entre Berdoias e Cee leva un ano e medio paralizado. Pero avisou á empresa que se non inicia de inmediato as obras rescindirase o contrato. O Conselleiro aproveitou a visita para coñecer as obras da estación depuradora de augas residuais de Fisterra, que está a piques de rematar. De feito, o pasado venres, procedeuse a súa posta en marcha provisional. A EDAR está ubicada na canteira situada entre a praia de Langosteira e de Mar de Fora e recolle os vertidos que remataban na dársena do porto. No caso da estación de bombeo de San Roque, instalda na marxe dereita da praia de Langosteira, esta recolle os vertidos da zona de San Roque e da recta da Anchoa. Nota de prensa do PP de Galicia O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE AFIRMA QUE A AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE É PRIORITARIA PARA A XUNTA E ACUSA AO BIPARTITO DE POÑER A PRIMEIRA PEDRA SABENDO QUE NON PODÍAN COMEZAR AS OBRAS - A Consellería comunicou á empresa que se non inicia de inmediato as obras rescindirase o contrato.
- O tramo da VAC entre Berdoias e Cee leva un ano e medio paralizado polo bipartito, que suspendeu a tramitación do estudo informativo en xaneiro de 2008
- O conselleiro lembra que foi o actual presidente da Xunta, Núñez Feijóo, o que incorporou esta actuación ao Plan Galicia e a deixou lista para a súa licitación
- Acusa ao bipartito de paralizar unha actuación que tiña todos os trámites superados, realizando a cambio “unha auténtica chapuza administrativa” que ten como resultado que a obra estea sen comezar
- Afirma que non foi informado deste problema no traspaso de poderes, “nun alarde de falta de transparencia, de ocultismo e de deslealdade institucional”
- “Se o bipartito tivese continuado coa tramitación prevista, os cidadáns da Costa da Morte circularían hoxe por unha vía de altas prestacións”
Santiago, 9 de xuño de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, fixo públicos hoxe documentos que demostran que a autovía Carballo-Berdoias tiña graves problemas de financiamento coñecidos pola anterior Consellería de Pollítica Territorial, e que aínda así o bipartito decidiu colocar a primeira pedra da infraestrutura o 22 de decembro de 2008, “a sabendas de que as obras non podían iniciase, enganando a todos os cidadáns da Costa da Morte”. Ademais, nese momento tampouco tiña o permiso de Patrimonio, como demostra o feito de que dito órgano emitiu o 20 de febreiro de 2009 un informe desfavorable sobre o proxecto de trazado da VAC Carballo-Berdoias. O visto bo da Dirección Xeral, unha vez introducidas as melloras pertinentes no proxecto, chegou o 18 de maio. Por outra banda, o conselleiro denunciou que o bipartito paralizou en xaneiro de 2008 a tramitación do estudo informativo do treito Berdoias-Cee, que leva nesa situación dende esa data. Hernández aproveitou a súa visita hoxe a Fisterra para reafirmar o seu compromiso con esta vía de alta capacidade, e asegurou que a Xunta de Galicia ten a intención firme e inequívoca de levar a cabo a construción da autovía Carballo-Berdoias, como unha actuación prioritaria do seu departamento. Lembrou que foi o actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen sendo conselleiro de Política Territorial incorporou esta actuación ao Plan Galicia e a deixou lista para a súa licitación en 2005, cun prazo de remate en 2007. Acusou ao bipartito de paralizar unha actuación que tiña todos os trámites superados, realizando a cambio “unha auténtica chapuza administrativa” que ten como resultado que a obra estea sen comezar. “Se o bipartito tivera continuado coa tramitación prevista, os cidadáns da Costa da Morte circularían hoxe por unha vía de altas prestacións”, salientou Agustín Hernández, quen engadiu que “primeiro paralizaron unha actuación que estaba a piques de licitarse, tardaron tres anos en tramitar e licitar o novo expediente, despois mentiron aos cidadáns coa colocación de primeiras pedras, e finalmente, nun alarde de falla de transparencia e de nula lealdade institucional, esconderon o morto no armario e ocultaron a situación ao conselleiro actual no traspaso de poderes”. Para Hernández, o manexo político desta obra realizado polo bipartito “rozou a incompetencia”. Comezo inmediato A sociedade concesionaria, logo de repetidas prórrogas solicitadas para elaborar o Plan Económico e Financeiro da obra (PEF), presentou o 16 de abril de 2009 un escrito ante a Consellería de Política Territorial requerindo o reequilibrio do contrato concesional debido a que as condicións que agora impoñen os bancos fan “inasumible” abordar o proxecto. O desfase, segundo a empresa, ascende a 40 millóns de euros. O responsable de infraestruturas viarias da Xunta de Galicia garantiu que o seu departamento ten como prioridade número un desbloquear este problema para que a obra sexa unha realidade o antes posible. Neste sentido, o pasado día 27 de maio remitiuse unha carta á sociedade concesionaria Baio S.A. instándolle a iniciar as obras de xeito inmediato, e lembrándolle que o prego de cláusulas que rixe a licitación do contrato obriga á sociedade a asumir o risco derivado da evolución das condicións financeiras do mercado ao longo do prazo concesional. O propio conselleiro púxose en contacto con representantes da sociedade para indicarlles que de non comezar a cumprir os prazos procederase á rescisión do contrato. Edar de Fisterra Previamente á rolda de prensa, o titular de Medio Ambiente visitou a estación depuradora de augas residuais de Fisterra, unha infraestrutura hidráulica que o Goberno galego financia con máis de 1,6 millóns de euros (1.691.860). Estas obras están practicamente finalizadas, de feito, o pasado venres, procedeuse a súa posta en marcha para iniciar o ano de explotación con cargo ao presuposto do contrato e, posteriormente, proceder á recepción e entrega ao Concello de Fisterra, entidade que se fará cargo do seu mantemento e explotación. A actuación subvencionada polo departamento que dirixe Agustín Hernández está ubicada na canteira situada entre a praia de Langosteira e de Mar de Fora e consta dunha liña de auga e unha liña de fangos. Para conducir as augas residuais ata a Edar construíuse un tanque de tormentas e unha estación de bombeo na zona do porto. Cómpre sinalar que o vertido máis importante da rede de saneamento municipal prodúcese na dársena do porto, polo que estes residuos son conducidos ata a Edar mediante un bombeo e impulsión e un colector xeral que verte o bombeo ata a cabeceira da depuradora. A estación de bombeo está dotada de tres bombas de 50 kW, á que se lle adosa un tanque de tormentas cunha capacidade de 500 m3. No caso da estación de bombeo de San Roque, instalda na marxe dereita da praia de Langosteira, esta recolle os vertidos da zona de San Roque e da recta da Anchoa. Conta con dúas bombas de 22 kW que impulsan as augas residuais ata o bombeo de cabeceira da Edar. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia.
|