Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Galicia Natural e EFAMEC promocionan o Museo Fernando Blanco  Correo-e
miércoles, 10 de junio do 2009

Image

Estas semanas o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee recibiu un par de visitasmoi especias. Comezamos polas 46 persoas procedentes de Redondela, Marín e Bueu, que chegaron a través do programa Galicia Natural, como o fixeran hai dúas semanas.

De novo, con Manuel Suárez como guía de luxo, o programa da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia facilita a estancia en establecementos de turismo rural da Costa da Morte a persoas maiores de 65 anos.

Ó igual que o resto de grupos que acuden a Cee, coñeceron de primeira man a vida de Fernando Blanco de Lema, o seu legado e o funcionamento do museo que leva o seu nome. Debido ás malas condicións climatolóxicas non poideron acercarse a coñecelo IES Fernando Blanco e o seu xardín botánico. Estiveron acompañados por Darío Areas (coordinador do museo) e por Manuel Suárez (Seminario de Estudios Comarcais da Costa da Morte).

Visita da EFAMEC

Image 

Entre os días 5 e 6 de xuño desenvolveuse no IES Fernando Blanco de Cee o IX Congreso da entidade ENFAMEC (Ensinantes de Fabricación Mecánica). O sábado, 6 de xuño, os arredor de 60 participantes do citado Congreso, que chegaron a Cee dende puntos de toda Galicia, visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema.

Despóis de recibir unha pormenorizada explicación sobre quen foi Fernando Blanco de Lema e sobre a historia da Fundación benéfico-docente da vila da Xunqueira durante os seus máis de 100 anos de vida, poideron coñecer e admirar os aparellos pertencentes ós antigos gabinetes de física, química e historia natural do antigo instituto, mercados no curso de 1890-91, os cales foron montados de novo no primeiro andar do museo, aproveitando esta ocasión, posto que os participantes, ó ser da rama tecnolóxica, tiñan especial interés en coñecer unha das principais coleccións de material científico que hai en Galicia.

A primeira hora da mañán do sábado día 6, tamén pasou polo museo unha excursión de 40 persoas de Pontecesures.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com