|

Pouca repercusión tiveron as Eleccións Europeas na Costa. Pero non para todos pasaron tan desapercibidas. En Vimianzo, os resultados foron moi significativos. Trátase da primeira vez que o Partido Popular gaña unhas eleccións no concello de Vimianzo, alcanzando unha porcentaxe de 47,15%. A voceira do PP, Carmen Borbujo, fai público o seu orgullo e agradece o apoio nun pobo que aposta polo "novo tempo do PP" e o seu "compromiso cunha política para o pobo". O partido fai unha extrapolación a concelleiros obtidos nunhas supostas eleccións Municipais: "o PP obtería 7 concelleiros, o PSOE 4 e o BNG 2". Nota de prensa do PP de Vimianzo Vitoria histórica do PP en Vimianzo "Os vimianceses apoian o novo tempo do PP e o noso compromiso cunha política para o pobo", di Carmen Borbujo. As eleccións do pasado domingo arroxaron uns excelentes resultados, e supón un respaldo ao proxecto do Partido Popular en todos os niveis. Desde o PP de Vimianzo faise unha lectura moi positiva, na que a nosa portavoz municipal quere destacar: - É a primeira vez que o Partido Popular gana unhas eleccións europeas neste municipio, alcanzando unha porcentaxe de 47,15%, superando todas as previsións e comparacións:
| Europeas | 2009 | 47,15% | | Europeas | 2004 | 33,8% | | Europeas | 1999 | 33,35% | | Europeas | 1994 | 36,17% | | Europeas | 1989 | 17,66% | | Europeas | 1987 | 30,15% | - Este resultado unido aos dous últimos anos marca unha clara tendencia de apoio ao proxecto político liderado por Carmen Borbujo. Nas pasadas eleccións municipais de 2007, obtívose un 29,33%. Nas eleccións xerais de 2008, un 42,12%, e nos pasado comicios autonómicos un 42,67% .O ascenso é case 14 puntos con respecto ás anteriores Europeas e 5,5% se se compara coas últimas eleccións.
- Por mesas podemos dicir que o PP obtivo maiorías absolutas en mesas como Baiñas, Castrelo, Serramo, Carantoña, Cambeda e gañar nas dúas mesas de Vimianzo, Carnes, Treos e Cereixo.
- Se extrapolamos a concelleiros obtidos en Municipais o PP obtería 7 concelleiros, o PSOE 4 e o BNG 2.
Xa que logo o Partido Popular segue subindo en porcentaxe de votos, cita tras cita, o que nos leva a entender que a mensaxe do auténtico cambio político que propón o PP en Vimianzo está introducido na sociedade e que co esforzo de todos conseguiremos a vitoria de Carmen Borbujo nos comicios municipais de 2011. Queremos agradecer tanto aos veciños que depositaron a súa confianza en nós como aqueles que sen facelo podémoslles garantir que seguiremos traballando para todos coa maior ilusión e responsabilidade que o apoio de centos de Vimianceses outorgáronnos. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Portavoz PP Vimianzo, Carmen Borbujo Martinez.
|