|

A Concellaría de Cultura do Concello de Mazaricos vén de presentar o seu programa cultural para os meses de xuño e xullo. Un programa que pensa en todos, pequenos e maiores, e que ten as seguintes citas: DOMINGO 14 DE XUÑO O BAILE DOS MAIORES na Casa de Cultura, ás 7 da tarde, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS. VENRES 19 DE XUÑO O GUATEQUE DA MOCIDADE ás 7 da tarde na Casa de Cultura, con boa música e a mellor compañía DOMINGO 21 DE XUÑO FESTA FIN DE CURSO ás 4 da tarde no Polideportivo da Picota con: inchables, cars, xogos, talleres, pasatempos, música e unha fantástica MERENDA para tódolos nenos e nenas dos tres Colexios de Mazaricos. Na organización desta actividade tamén participa a APA BARCOMA DO CPI DA PICOTA. E ás 7 da tarde na Casa de Cultura: O BAILE DOS MAIORES, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS. SÁBADO 27 DE XUÑO EXCURSIÓN PARA MAIORES á Festa da Terceira Idade do Carballiño, as persoas interesadas poden informarse e inscribirse antes do 23 de xuño na Casa de Cultura ou chamando ao 981 867195 DOMINGO 28 DE XUÑO GRAN GALA DE CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVA E DOS CURSOS DE INFORMÁTICA ás 5 da tarde na Casa de Cultura, con entrega de diplomas, merenda e a actuación do Grupo Folk O SON DAS FERREÑAS de Amio (Santiago). E ás 7 da tarde O BAILE DOS MAIORES, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS. DOMINGO 5 DE XULLO O BAILE DOS MAIORES ás 7 da tarde na Casa de Cultura, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS. DOMINGO 12 DE XULLO A FESTA DA MUIÑEIRA ás 5 da tarde no Campo da Feira da Picota (en caso de chuvia será na Casa de Cultura), coa actuación de numerosos grupos de música e baile tradicional de toda a comarca. Esta actividade está organizada pola ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA DE MAZARICOS. É o BAILE DOS MAIORES ás 7 da tarde na Casa de Cultura, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS. Novas relacionadas Fonte - Concellaría de Cultura do Concello de Mazaricos.
|