|

A nova apertura do Eroski na vila de Cee está revolucionando o pobo. Como con todo o novo, hai que probalo, e nestas dúas semanas de vida, as colas, os tumultos, e os empurróns estiveron á orde do día, dada as cantidades tremendas de xentes que pasaron a mercar polo novo supermercado. Pero as novas non son tan prometedoras para todo o mundo. Estas semanas, a dirección do Centro Comercial Finisterrae está enviando unhas curiosas cartas ao persoal das tendas do centro. Foi un traballador o que nos enviou as cartas, para que as puxeramos en coñecemento público, e, como non, así o facemos. Son dúas cartas as que chegaron ata o noso poder. A primeira critica a decisión do goberno ceense de aceptar a chegada dos dous supermercados (Eroski e Gadis, que abrirá en breve ao carón) fóra do casco urbano ceense. Para a dirección, esta decisión descentraliza o comercio en Cee, e supón un baixón para todo o sector servizos da vila da Xunqueira. Así e todo, a dirección está tranquila, e apunta que en 5 anos, ambos supermercados estarán pechados mentres que o Centro Comercial Finisterrae seguirá en pé. Prohibido vender café de fóra A outra carta que nos envía un traballador é sobre a suposta venta ilegal de produtos de fóra, dentro do centro. Todo ben por unha cafetería situada ao carón do centro comercial, que vende café para levar a varias tendas do centro. Amparado na lei, dirección avisa tanto á cafetería como ás tendas que encargan o café, para que "esa conducta se termine inmediatamente". Avisa mesmo que pode "haber sanciones económicas". 1ª carta 
2ª carta Novas relacionadas
|