Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Segunda rota de sendeirismo homologada en Laxe  Correo-e
viernes, 12 de junio do 2009

Image

De noraboa están por Laxe, un dos concellos quemáis valor outorga ao patrimonio natural. En bo exemplo foi aquela reacción ante a protección dos Penedos de Traba e Pasarela, e mentres o alcalde de Vimianzo pedía unha indemnización, o de Laxe simplemente alegrábase. A bandeira azul da praia de Laxe é outro dos méritos do concello.

Pois un novo éxito neste eido. A Federación Galega de Montañismo remitiiulle ao concello a certificación oficial e homologación da rota camiñada Laxe-Traba. Agora, a catalogación da rota Laxe-Traba como PRG-114, é unha marca rexistrada en España pola FEDME. Así son xa dous os sendeiros que o Concello leva homologados, pois fai uns anos o sendeiro circular Laxe-Punta Insua foi certificado como PR-G 70. Poden descargase ambos en pdf na páxina do Concello de Laxe.

Folleto

Image 

O concello vén de publicar a segunda edición do folleto “Senderismo en el ayuntamiento de Laxe – 2ª edición”, no que aparecen un total de oito roteiros: 6 de eles de sendeirismo (unha nova rota urbana polo Concello, a volta ó monte Insua catalogada como PR-G 70, o recén homologado PR-G 114, o roteiro Mórdomo-Cámelle, o roteiro Mórdomo-Pena de Mórdomo, o roteiro Transfontáns-Sarces-Lourido-Transfontáns) outra específica de bicicleta de montaña (Laxe-Soesto-Boaño-Monte da Lagoa-Coéns-Lourido-Laxe) e un último roteiro turístico polo Concello de Laxe aconsellado para facer en vehículo todoterreo ou en bicicleta de montaña.

Inauguración

O Concello ten previsto facer unha inauguración oficial do sendeiro para o vindeiro sábado 11 de xullo. O percorrido, de 8 kilómetros de distancia iniciarase ás 10.00 ó lado do panel de inicio de rota no paseo marítimo de Laxe e, acolléndose ó itinerario homologado, percorrerá parte do casco urbano do Concello, subirá hasta Santa Rosa de Lima, baixará a praia de Soesto, a praia de Arnado, a área recreativa de Boaño e rematará na boca da Lagoa de Traba, ó carón do panel de final de percorrido, sobre ás 14.00.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com