Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Uns pinchos SaudableS en Zas e Cabana  Correo-e
viernes, 12 de junio do 2009

Image

Na mañá de onte, xoves 11 de xunho de 2009, tivo lugar á presentación do inicio do proxecto Cabanas-Zas por unha vida mellor. Un proxecto que se renova por segundo ano, e que pretende desta volta incremetar a participación cidadá. Ao acto acodíu a directora xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos.

O proxecto ten varios enfoques. O primeiro está deseñado para fomentar formas de vida saudables, promocionando unha vida sen tabaco, sen alcol e sen drogas. A chave son as actividades creadas para os mozos entre 14 e 18 anos, e para os homes de entre 20 e 40 anos.

Unha das medidas de cooperación cos centros escolares, será a través da programación de “recreos activos” e do obradoiro “entrénate”, orientado ao desenvolvemento da forma física previndo lesións. Continuarán tamén os servizos de asesoramento nutricional e os obradoiros “aprende a comer”.

Todo o programa Cabanas-Zas por unha vida mellor completarase, finalmente, cunha Semana da Saúde e un Estudo científico sobre hábitos alimenticios, de práctica de actividade física e de consumo de tabaco na poboación destes concellos.

Visita a vela

E sen deixar Cabana de Bergantiños, esta mañá será o Delegado Territorial da Coruña, Diego Calvo, quen acuda á clausura da “Escola-Obradoiro de Vela da Costa da Morte”. Antes, as 13:30 h, ten previsto reunirse co alcalde de Cabana de Bergantiños, Germán Castrillón. Xuntos visitarán a obra “1º fase da Escola de Vela da Costa da Morte”.

Nota de prensa do Sergas

A DIRECTORA XERAL DE SAÚDE PÚBLICA E PLANIFICACIÓN PRESENTOU O PROXECTO DE CONCELLOS SAUDABLES DE CABANA E ZAS PARA O 2009

  • Neste ano, o obxectivo do programa será incrementar a participación; tamén deseñar actividades específicas para os mozos entre 14 e 18 anos, e para os homes de entre 20 e 40 anos.

Cabana de Bergantiños, 11 de xuño de 2009.- A directora xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos, asistiu esta mañá á presentación do inicio do proxecto Cabanas-Zas por unha vida mellor, que inicia o seu segundo ano cos obxectivos de incrementar a participación dos veciños nas actividades programadas e superar os 2.500 participantes do 2008. Tamén se potenciarán as actuacións cos mozos e mozas de entre 14 a 18 anos, e cos homes entre 20 e 40 anos, deseñando actividades novas e específicas para estes colectivos, ademais de seguir ofertando actividades para todos.

A agrupación de concellos Cabana de Bergantiños-Zas consolidará neste ano 2009 o proxecto de fomento de estilos de vida saudables na área de promoción da vida sen tabaco, alcohol e outras drogas. Así, continuarase coa vixilancia e rotulación de espazos sen fume en cumprimento da vixente lei de tabaco, e a potenciación dos programas de prevención en escolas e institutos en colaboración coa Asociación Antidroga Vieiro, dirixidos ao conxunto da comunidade educativa.

Outra das actuacións destacadas será na área de promoción da actividade física regular e saudable, a través da mellora do servizo de asesoramento e prescrición de exercicio físico, coas variadas actividades do “Pack Saúde” para adultos e maiores, ou de programas de xestión persoal da forma física. Ademais, está previsto ofertas novas actividades específicas e atractivas para mozos e mozas de 14 a 18 anos a realizar nos pavillóns e ximnasios municipais de ambos concellos.

Actos nos colexios e rutas para toda a familia

A organización do proxecto Cabanas-Zas por unha vida mellor continuará coa cooperación cos centros escolares a través da programación de “recreos activos” e do obradoiro “entrénate”, orientado ao desenvolvemento da forma física previndo lesións. Así mesmo, continuará en marcha o programa de rutas saudables de dificultade media para familias e persoas de todas as idades, en colaboración cos departamentos de cultura dos concellos.

Con respecto do fomento da alimentación equilibrada, continuarán os servizos de asesoramento nutricional e os obradoiros “aprende a comer”, ofertados a persoas con enfermidades crónicas como diabete, hipertensión ou obesidade. Tamén terán continuidade os obradoiros de cociña saudable ofertados a todos os veciños, e potenciarase o programa “boa hostalería”, en colaboración co sector hostaleiro de ámbolos dous concellos.

Todo o programa Cabanas-Zas por unha vida mellor completarase, finalmente, cunha Semana da Saúde e un Estudo científico sobre hábitos alimenticios, de práctica de actividade física e de consumo de tabaco na poboación destes concellos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com