|
Pódese dicir que estamos ante a primeira fin de semana do verán. 12, 13 e 14 de xuño, e xa comezan as romerías, e por sorte, con bo tempo. Festas do Corpus en Brens A festa do Corpus Cristi, outra das citas festivo-relixiosas da Costa da Morte, celebrarase do 12 ao 14 de xuño e está organizada pola Asociación Deportiva Cultura de Brens. O venres 12 de xuño haberá Festa infantil e actuación do Mago Pablo. Para o sábado, verbena co grupo asturiano Tekila e Nova Palma, acompañado da actuación estelar de Pili Pampín. Máis tarde chega a nota picante co espectáculo do stripper venezolano Yeison. E o domingo, Sesión vermu e verbena coa orquestra Cibeles. IV Xuntanza da Xuventude da Pereiriña Máis festas, desta volta na Pereiriña. A xuntanza da xuventude, que comeza o sábado, estará amenizada polas orquestas Príncipe e Galilea. Haberá racións de churrasco a 5 euros, con viño de balde. Tamén estará o grupo "Mallaos" de Cee O domingo, continúa a festa con pasarrúas da Banda de gaitas o Rumbo de Sardiñeiro. Ademais, sesión vermú e verbena coa Nova Palma e . San Antonio de Xallas E o trío de festas ceense complétanse o sábado en Xallas. A verbena estará amenizada polo grupo Ciclón, a orquesta Marbella e o colofón con Rocío Caamaño, que estará acompañado do seu amigo e escrito Anxo Pérez. Concerto de jazz en Vimianzo Continúan as músicas do jazz e blues propagándose pola bisbarra. Desta volta será a banda da Ponte do Porto "Harbour Jazz Trío". Será no pub Mehari de Vimianzo. Cine de Corme No ciclo de cine do oeste temos esta finde semana "Os sete magníficos" , do John Sturges, 1960, con Yyl Brynner, Steve McQueen, Charles Bronson e Eli Wallach. Trátase dunha xenial versión dos "Sete samurais" de Kurosawa. Coral Xan Mella na Casa O sábado 13 de xuño, a Coral polifónica Xan Mella cantará a Misa de Corpus na Igrexa de Baio pequeno. O oficio será ás 13:00 horas e a coral que dirixe Tatiana Pankrátova rematará a función co Ave Verum corpus de Mozart. Festa dos maiores en Muxía Este domingo 14 de xuño o Concello de Muxía celebra a Festa dos Maiores.Están convidadas todas as persoas maiores de 65 anos e pensionistas coas súas parellas. Ademais, ata o 30 do mesmo mes, estará en Muxía a Mostra “II República Española. 75º Aniversario”, na Casa Obradoiro que está ubicada xunto á Biblioteca Municipal. O Baile dos Maiores de Mazaricos Este domingo O BAILE DOS MAIORES na Casa de Cultura, ás 7 da tarde, coa mellor música e a actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS DE ARCOS . Baile Social en Vimianzo O Local Social de Vimianzo acollerá unha sesión de Baile co Dúo Época. Clausura da Escola municipal de teatro Celebrarase o venres 12 de xuño en Ponteceso a Clausura da Escola municipal de teatro. Sete grupos de varias parroquias participarán, formando un total de 100 alumnos e alumnas. Os grupos que forma a escola proceden de Corme-Porto, Ponteceso, Pazos e A Campara. O acto de clausura consistirá na representación dunha obra teatral por cada grupo (son sete), cunha duración aproximada de dez minutos cada obra. As representacións levarase a cabo na A.C Río Anllóns. O acto comezará ás 18:00h da tarde. Finalmente haberá festa para todos os asistentes á clausura. Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|