|
O recuncho da Costa (LX): A área recreativa de Berdeogas |
Correo-e
|
|
domingo, 14 de junio do 2009 |
|

Non por marabilloso, nin por bucólico, nin por salvaxe. Eliximos este recuncho pola súa utilidade. Agora que chega o verán, semore andamos na procura deses pequenos espazos naturais onde poder facer unha churrascadiña coa familia ou cos amigos. A de áreas recreativas que hai espalladas pola Costa agardando pola nosa festa. O refuxio de Verdes é o máximo en prestacións , pero hai moreas de espacios máis sinxeliños que igual de agarimosos para pasar unha tarde, como a dos muíños de Toba, ou a de Pedra Vixía, esta máis ben preparada. Este recuncho vai como reivindicación do "dominguismo". E porque os concellos coiden estas áreas para que estean gustosas de visitar no verán. Como chegar Partimos da estrada AG-550, que une Carballo e Cee. Hai que coller o desvío cara Berdeogas e Negreira que hai pegado á estación de servizo Petronor, a uns 15 quilómetros de Cee. De aí en 5 minutos, entrando en Berdeogas xa hai un par de carteis a man dereita que indican cara a área, que queda debaixo da igrexa. Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Novas relacionadas Fonte - Redacción (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|