Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar  Correo-e
sábado, 13 de junio do 2009

Image

Na mañá deste venres 12 de xuño de 2009 tivo lugar a entrega de premios do III Concurso de Murais de Azulexo Costa da Morte, que organiza a empresa ceense Suministros Lar. Un certame benéfico, que engloba a unha morea de entidades da bisbarra que abarcan todos os campos, tanto educativas, como socias e mesmo ás administracións públicas. Unha iniciativa sen comparacións na bisbarra, da que todas as empresas deberiamos tomar boa conta.

Suministros Lar invita cada ano a participar aos institutos da Costa da Morte, para que os seus alumnos realicen un mural, que ano tras ano vai gañando en orixinalidade e calidade. Os murais están prantexados para que alguén os merque, cartos que van parar ás Asociacións Aspadex e Apem, dous entidades sen ánimo de lucro que están facendo unh traballo tremendo na bisbarra. Os amigos de Aspadex, como non estiveron alí a pé do cañón.

Image 

O repouso do peregrino

A proposta de Lar é que estes murais, este ano con forma circular a modo de monolito e con mans a modo de cadeiras, sirvan para colocar nunha área de descanso do Camiño de Santiago, que sirva como lugar de repouso para o peregrino. A idea é colocalos de xeito que se forme unha especie de conxunto monumental en si mesmos.

5 mundos

Image 

"5 murais, 5 colexios, 5 continentes, 5 provincias (contando coa diáspora), 5 sentidos, 5 mans cada mural reflexando a hospitalidade do galego ao peregrino". Así contou Pepe Formoso por que deste número máxico nesta emotiva edición do II Concurso de Murais de Azulexo Costa da Morte. Agora só falta que os concellos da Costa, sobre todo polos que pasa o Camiño, estiren os seus petos, e fagan unha boa acción social mercando estes murais. Así, ademais de embelecer algunha área de descanso para o Camiño, terán realizado unha obra social impagable.

Todos foron premiados

ImageImage 

Volveu gañar o IES Maximino Romero de Lema de Baio, que xa fixera o propio o ano pasado co seu ‘Unha lúa para Seoane’. Este ano, o mural leva por nome "A fin do labiritinto" e evoca os círculos concéntricos dos petroglifos da zona, máis concretamente o da Laxe das Rodas, en Muros, que veíamos a semana pasada con Víctor Castiñeira repasando o Megalitismo. Un traballo de primeira calidade, cun gusto esquisito e un acabado case profesional. O xurado non dubidou, malia que o segundo premio tamén estivo moi loubado. Arriba vemos o monolito e os gañadores

Foi para o IES Fernando Blanco de Cee, que co seu "Todos facemos camiño" facía un repaso aos camiñantes dos 5 continentes cunhas pernas moi expresivas. Tamén levaron o premio á utilidade, que gañou o IES Fernando Blanco pola súa imaxinación. Unha fonte é a fantástica idea (deixaron un buraco arriba e todo) que premiou o xurado. Aquí os vemos:

Image 

O 3º premio recae uno Instituto Profesional de Ponteceso, co seu "O camiño cara o Sol que se agocha no mar".

Image

Todos levaron premio. Un dos premios de participación foi para os rapaces do IES Terra de Soneira, co seu mural ITER, término medieval que se supón que significa "viaxe, marcha, camiño, ruta", e que vai moi ben co nome do centro. O segundo recaue nos do  IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, con "Camiñando coas estrelas", recibiron un premio de participación.

Xurado

 Image

A organización do evento quedou da man das responsables de Lar, Tatiana e Laura. Como director de orquestra, un home con galóns, forxado en mil batallas, Pepe Formoso. E o xurados estivo composto por personalidades de toda a zona.

Como presidenta do xurado topamos con Covadonga Carrasco, arquitecta, que vemos de segunda pola dereita. Tamén formaron parte, comezando pola esquerda David Creus, artista e profesor de plástica; Nacho Porto, ceramista; Begoña Baldomar, do AGACS e hospitaleira de Fisterra; Rosa Sánchez, de AGACS; e Manuel Gonzalbo, da publicación Azulejo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com