|
O Centro de Saúde de Cesullas ten traballo doble |
Correo-e
|
|
lunes, 15 de junio do 2009 |
|
A Saúde está de moda en Cabana. A semana pasada o concello presentaba, xunto ao de Zas, o programa Cabana-Zas SAudableS, e a partir desta semana, o centro de saúde de Cesullas terá traballo doble. O consultorio de Nantón está en obras. Hoxe mesmo, luns 15 de xuño de 2009, comezan as devanditas obras, polo que os usuarios terán que trasladarse a partir de agora, e ata que finalicen as mesmas, ao centro de saúde de Cesullas, en Cabana de Bergantiños. O Sergas informa de que non se modifica o número de telefono de cita nin os horarios de consulta. A medida, que afectará a unhas 770 persoas, será efectiva durante o tempo que duren as obras de reforma e mellora que se van realizar no devandito consultorio. Estas teñen unha duración prevista de catro meses. En previsión de facilitar o traslado aos pacientes, non se modifica o número de telefono de cita nin os horarios de consulta. A Xerencia de Atención Primaria da Coruña, que pide desculpas anticipadas polas molestias temporais que isto poida ocasionar, e lembra que estes traballos redundarán nunha mellor calidade da asistencia. Novas relacionadas
|