|
De festa no San Adrián de Toba |
Correo-e
|
|
lunes, 15 de junio do 2009 |
|

Toba está de festa. E así o corroboran os amigos de Aspadex, que estes días cambias os talleres polo baile. O San Adrián de Toba chega para este martes 16 e mércores 17 de xuño de 2009, que deixa o martes festivo na vila da Xunqueira. A truola está asegurada. Para o martes, logo das alboradas coa Charanga Vendaval de Fisterra e do Grupo de Gaitas Inllar do Couto, ás 12:30h haberá procesión e a misa de campaña. Antes da Sesión Vermú coa Fania, teremos as molestas Bombas de palenque. E pola noite, Fania e Ciclón amenizarán a festa. O mércores 17, O Inllar encherá de música as rúas de Toba. Ás 12:30h, misa solemne seguida da procesión do Santísimo Sacramento. A sesión vermú será con La Oca, que repetirá pola noite, como telonera da grande Panorama. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Cartel de Imprenta Martiago.
|