|
Muxía ofrece axudas para adquisición de material escolar |
Correo-e
|
|
lunes, 15 de junio do 2009 |
|
A Concellería de Servizos Sociais de Muxía abre o prazo para solicitar as bolsas para a adquisición de libros e material escolar. O programa de axudas está dirixido a familias con escasos recursos económicos con fillos en educación infantil. O prazo está aberto do 22 de xuño ao 24 de xullo de 2009. Os requisitos que deberán cumplir as familias son os seguintes: - 1. Estar empadroados e ter residencia efectiva no Concello de Muxía.
- 2. Ter fillos menores que cursen estudos de educación infantíl nalgún centro deste Concello e que non entren no Programa de Gratuidade de Libros da Xunta de Galicia.
- 3. Que posúa unha situación económica desfavorable, o que se demostra documentalmente achegando xustificación (declaración da renda 08, certificado de empresa, nóminas,...) dos ingresos do núcleo familiar (pais e fillos)
- 4. Estar ó corrente das súas obrigas fiscais co Concello, que se pode acreditar mediante declaración xurada do solicitante, sen prexuizo da súa comprobación por parte da entidade.
- 5. Certificación da conta bancaria.
Máis información e tramitación Para realizar as tramitacions ou solicitar máis información, poden pasar polos Servicios Sociais (Educador Familiar) do Concello de Muxía (3º piso) e no teléfono 981- 742 001. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concelleira de Servizos Sociais de Muxía, Irma García Barcia.
|