Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Ames expón o mellor da Olería de Buño  Correo-e
lunes, 15 de junio do 2009

Image

Este martes 16 de xuño inaugúrase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) unha exposición de máis de 200 pezas de Buño. A mostra, na que participan o Ecomuseo Forno do Forte xunto cos oleiros, pódese apreciar a variada producción oleira de Buño tanto na actualidade como no pasado.

Hai que lembrar que Buño, con 20 oleiros e oleiras en activo, é o centro oleiro máis importante de Galicia. Ademais, a Mostra está de noraboa xa que de novo, a Deputación comprometeuse a financia a XXVI Mostra de Olería, con 60.000 euros.

A súa variada producción vai dende as pezas tradicionais máis representativas do longa historia de Buño ata as pezas actuais onde o deseño e o aspecto decorativo están mais presentes, respondendo a demanda dun novo tipo de cliente. Cada oleiro ten o seu propio estilo, podéndose apreciar nos distintos apartados da exposición un deseño diferente e persoal.

Xunto coas pezas expostas polos oleiros hai case 20 recipientes procedentes do Ecomuseo Forno do Forte. Estas pezas forman parte das coleccións Histórica e Tradicional da olería de Buño. Hai pezas que van dende o s. XVIII ata principios do s. XX. Contrastan claramente coa producción actual xa que o vidrado con base de chundo da un acabado totalmente diferente aos bernices actuais.

A exposición será inaugurada polos alcaldes de Ames, Carlos Fernámdez Castro e Malpica de Bergantiños, José Ramón Varela Rey.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Paco Doval, xerente do Ecomuseo Forno do Forte e organizador da exposición.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com