A semana pasada entregábanse os premios do II Certame de Microrrelatos IES Fernando Blanco, que organiza a Biblioteca do centro. Serxio Vázquez Castiñeira e Ana Lojo Abelleira foron os gañadores con estes dous orixianis contiños. 1º Premio: "Cando as ras críen pelo" Eu sonche un labrejo de toda a vida, que non viu moito mundo, pero pódoche disir que nunca se viu cousa ijual, nin aquí nin en ningún sitio … Como che dixen son labrejo, así que non che sen por que pasou, pero pasou: un día, tódalas ras da fraja apareseron cheiñas de pelo. … Ó prinsipio tomámolo de chiste, pero a cousa empeorou. A xente non sabía que faser. Uns que era unha frase feita; outros que feita si, pero promesa tamén… Pero bueno, nunca peor. … Ajora estamos vixiando os porcos… - Serxio Vázquez Castiñeira (1º Bacharelato B).
2ª Premio - Entón dis…que se me tiro… voarei? - Estou segura. - Non sei… - Mira, ti podes ler o que pon neste papel? - Non. - Logo quere dicir que te atopas nun soño, e podes facer calquera cousa, mesmo voar. Luís colleu impulso e tirouse do balcón, mentres a súa irmá enrugaba o papel no que escribira un garabato. - Ana Lojo Abelleira (4º ESO).
Novas relacionadas Cee premia a case que 30 rapaces nos seus concursos de achegamento ó libro e ó teatro. Fonte
|