Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
De marcha cicloturista por Dumbría  Correo-e
miércoles, 17 de junio do 2009

Image

As actividades naturais continúan sendo das máis demandadas pola veciñanza da Costa da Morte. Hai unha lacra, con todo, de rotas na bisbarra. A Costa da Morte, nnha zona con paraxes naturais tan incribles como o Monte Pindo, precisa de rutas, como a nova rota de sendeirismo homologada en Laxe. O potencial é tremendo pero hai que aproveitalo. O propio Monte carnotán é unha fonte de posiblidades. Ademais da Ruta da Moa dende o Pindo, este mes, a Asociación Perfecto Sande Braña de Mazaricos está traballando nunha nova ruta dende o Fieiro. Xa está a medias, e esta semana daremos un paseo subindo á Moa e ao pico de Peñafiel.

Son varios os concellos que levan organizando saídas, tanto camiñadas como cicloturistas ao longo dos últimos meses, cun éxito sen parangón. Dous bos exemplos son os concellos de Vimianzo e Ponteceso. E hai outros que retoman estas iniciativas de cara ao verán. Estes días coñeceremos a rota de sendeirismo para esta fin de semana que organiza o Concello de Corcubión por Camariñas, pero hoxe quedamos en Dumbría. Non hai que olvodar as rutas BBT que organiza o Clube ciclista Ebike, da que sacamos esta foto.

Rota en Dumbría

O concello de Dumbría organiza para o vindeiro sábado 20 de xuño, a 2ª ruta cicloturista "Coñece o teu Concello". A ruta percorrerá as parroquias de Dumbría e Berdeogas pasando por: Dumbría, Cheo, Igrexa, Estimán, Sábade, Berdeogas, Farrapa, Alvarellos, Sarteguas, Boudañeira, Area Recreativa de Berdeogas (avituallamento)- Campo de Berdeogas, Sábade e Dumbría. A distacia é de 16 km, e todo sobre asfalto.

Inscricións

Os interesados en participar nesta actividade poden anotarse no Concello de Dumbría ou no teléfono 981744001. A saida é dende a piscina municipal de Dumbría as 10,00h. A organización sorteará agasallos entre os participantes e se fará cargo do avituallamento.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Dumbría.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com