Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A delicada situación dos traballadores de Conservas Carnota  Correo-e
martes, 16 de junio do 2009

Volta á escena pública a situación laboral da empresa Conservas Carnota. O pasado mes de abril a Xunta pronunciárase rexeitando o ERE que presentara a directiva catalana, pero segundo os sindicatos, a decisión non fixo que provocar que a situadción se volvera cada día máis insostible.

Así o declaraba Francisco Miñar, de CCOO, na Radio Nordés - Cadena Ser. Francisco afirma que a empresa comezou cos primeiros despidos. Despidos que xa foron denunciados, e que para o sindicato "o máis probable é que saian declarados nulos".

O grande problema é que o plantel da empresa xa non confía na directiva, e xa non está seguro nos postos de traballo. Se ben, a Xunta non atopou causas produtivas nin económicas para que declarar o ERE, os traballadores entenden que a empresa quere marchar da zona. Semella que funcionan mellor as fábricas de DANI de Barcelona, Reino Unido e China.

O Concello

Image 

O alcalde de Carnota afirmara que fai todo o posible por manter a empresa no Concello, pero dende o sindicato a súa actuación non lle parece suficiente.

Cabe lembrar que os terreos que ocupa a empresa son de titularidade municipal. E máis aínda, están declarados como bens de interese social, e cedidos á empresa pola creación dos postos de traballo. CCOO ten falado co concello e, en palabras do sindicalista, "de momento obtivemos boas palabras, pero teñen que ir acompañadas de feitos".

Ademais, CCOO ten solicitada unha xuntanza co director xeral de asuntos laborais da Xunta, coa idea de facerlle entender á administración que ten que ser a propia Xunta a que garanta un novo empresario que sexa realmente un motor económico na zona. Miñar lembra que "a Xunta puxo moitos cartos e agora ten que asegurarse que non marcha esta sen presa así, sen máis", concluiu.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com