Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Vimianzo achega o patrimonio natural e cultural á veciñanza  Correo-e
miércoles, 17 de junio do 2009

Image

Na pasada mañá do martes 16 de xuño de 2009, presentábase en Vimianzo un novo e interesante proxecto. Un proxecto que pretende promover e divulgar o patrimonio cultural e natural do concello de Vimianzo, a través das 31 asociacións activas do municipio. Facer dos tesouros algo cercano á veciñanza, algo do que tamén poidamos disfrutar nós, non só os "turistas do bocadillo". O proxecto, "Asociacións de Vimianzo en Activo", enmárcase nun compendio de actividades que levarán o título Xornadas de Dinamización do Patrimonio Cultural 09.

Á presentación foi realizada por J. Antonio Miñones e Leonardo Gonzálex, sempre respaldados por Rosa Sánchez. Unhas ascociacións que xa teñen o seu espazo en internet, a través da páxina web que artellou o o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local: www.asociacions-vimianzo.org. Este punto de encontro, xunto co folleto creado para a difusión de actividades, serviron para tomar conciencia da importante labor que estas desenvolven na promoción do patrimonio cultural material e inmaterial do municipio.

Image 

O proxecto en si

Trátase dunha fantástica iniciativa que nace no seo do concello, que servirá para reactivar as asociacións vimiancesas coidando e dándolle un sentido práctico aos nosos tesouros materias e inmateriais. O proxecto está financiado polo Concello de Vimianzo e unha axuda de Promoción Económica da Deputación Provincial da Coruña. Así, a execución deste proxecto recae no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo. Ademais, foi contratada a empresa Alicerce. Desarrollo y Gestión de la Cultura del Entorno SL, da que é responsable o arqueólogo Leonardo González.

O Concello de Vimianzo continúa así a súa aposta polo coidado do patrimonio cultural e natural, tomando como referente o Castelo de Vimianzo e a súa Mostra de Artesanía en Vivo. O rico legado de xacementos, arquitectura e tradicións que sobreviviron a través dos séculos e chegaron ata os nosos días, fan de “Vimianzo, o museo do tempo”.

O programa está enfocado para que a veciñanza disfrute de todo este patrimonio que moitas veces nos é alleo. O programa conta co respaldo do informe de investigación DAFO, do que vemos algún dato debaixo do programa. Mediante a educación, a recreación, a conservación, nun marco de desenvolvemento sostible, pretende recuperar o patrimonio para a veciñanza.

Programa

 Image

Charla sobre gastronomía histórica. Cultura, territorio e actualidade na cociña: deseñar unha proposta gastronómica atractiva en tempos de crise.

Será impartida polo experto gastrónomo galego Jorge Guitán, gañador de prestixiosos premios coma o nacional de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro (2008) ou o Navarra Gourmet (2009) ó mellor blog gastronómico. Esta charla está dirixida a profesionais da restauración e a público interesado nesta temática.

  • Día: 24 de xuño; Hora: 17:00; Lugar: Telecentro; Prazas: 25-30.

Proxección do documental O Neixón, Historia viva dun Castro

Trátase da primeira longametraxe documental da arqueoloxía galega. Será presentada polo director Lukas Santiago. O filme participou no VIII Festival de Cine Arqueolóxico do Bidasoa (Irún) con moi boas críticas do público sendo o 3º mellor valorado.

  • Día: 3 de xullo; Hora: 20:30; Lugar: Casa da Cultura; Entrada libre.

Obradoiro de Arte Rupestre

Visita ós petroglifos do Pedrouzo (Berdoias) para aprender técnicas de observación e fotografía nocturna de arte rupestre a cargo do arqueólogo Manuel Antonio Franco, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC. Sairá un bus da praza do concello, aínda que se hai máis persoas interesadas, poderán desprazarse cos seus propios medios. Será necesario levar unha linterna e recoméndase levar tamén a cámara de fotos.

  • Día: 14 de xullo; Hora de saída de Vimianzo: 20:30; Prazas en bus: 50 e libre por medios propios.

Excursión circular por Vimianzo

Está aberta a nenos e adultos. Os participantes deberán levar a comida. O obxectivo é coñecer a historia e o patrimonio cultural e natural de Vimianzo.

  • Día: 21 de xullo; Saída: 10:00; Volta: 18:30; Lugar de saída e chegada: Praza do Concello.

Excursión polo Patrimonio Cultural Galego: experiencias innovadoras co patrimonio

Pretendemos coñecer novas experiencias no Patrimonio Cultural galego. Visitaremos os Xardíns do Pazo de Oca, escavacións do castro de Castrolandín (Cuntis), Centro de Interpretación de Arte rupestre de Tourón (Ponte Caldelas) e outros lugares. É unta actividade aberta a nenos e adultos. A Comida (entre 10 e 15 euros) correrá a cargo dos participantes. Inclúe explicacións in situ e entradas ós museos.

  • Día: 4 de agosto; Saída: 8:30; Chegada: 20:30; Lugar de saída e chegada: Praza do Concello.

Obradoiro de Cerámica Prehistórica

Os participantes terán a oportunidade de coñecer como se facían nos castros os utensilios de cerámica. Esta actividade está enfocada a nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos.

  • Día: 5 de agosto; Hora: 11:00; Lugar: Patio do Castelo de Vimianzo; Prazas: 25.

Informe DAFO

Image

Image

Image

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo, da man de Rosa Sánchez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com