|
Achegámonos xa ao mes de Xuño e con el chega o fin das actividades municipais, Hoxe mércores 17 de xuño se celebrará a Clausura das Aulas de Maiores: constituidas polo alumnado de Música, Informática, Alfabetizacións, Graduado en ESA, Obradoiros de Memoria, etc… O Acto comezará ás 10.30 h. da mañá no Polideportivo Municipal, co Discurso do Sr. Alcalde, depois haberá unha actuación musical, a cargo do profesor de música e os alumnos e alumnas da Aula de Música, posteriormente se entregarán os diplomas e os agasallos aos participantes das aulas, e se servirán un cattering. Día da Música E o xoves 18 e venres 19, se celebrarán diversos actos para a conmemoración do Día da Música adicado este ano á figura do xenial compositor W.A. Mozart, o xoves 18, ás 20 horas no Salón de Actos de Laxe, realizarán o Festival de Fin de Curso. O venres 19 pola mañá, haberá varias actividades didácticas: para o alumnado de Educación Infantil e Primaria, un Concerto didáctico, a cargo do Quinteto de Vento Pentafonía, no que explicarán a vida e Obra de Mozart, mentres tanto, para o alumnado de Secundaria, proxectaráselles o film Amadeus. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da man do Concelleiro de Cultura de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira.
|