Luns, 06 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os maiores do Colexio Nuestra Sra. do Carmen de Fisterra gradúanse por todo o alto  Correo-e
miércoles, 17 de junio do 2009

Image

Este pasado luns 15 de xuño, tivo lugar a Ceremonia de gradación dos alumnos de 4ª de ESO do colexio Nuestra Sra. do Carmen, Fisterra. Unha xeneración de artistas, como demostraran no nadal con aquel High School Fisterra´s Musical da radiONeria. Este significa o acto despedida oficial dos alumnos integrantes de 45ª Promoción do centro educativo. Asistiron ademais dos alumnos, os pais, os profesores, Hnos. da Sacra Familia e representantes da Asociación de Cooperadores da Obra Social Nosa Sra. do Carmen entidade titular do mesmo.

O Director do Colexio, Carlos Velasco Herguedas, recibiu aos alumnos entre os aplausos dos familiares. Palabras de saúdo do con motivo deste momento tan importante e transcendente nas súas vidas como fin dunha etapa e inicio dunha nova. Logo proxectouse un vídeo de recordo do seu pasou polas aulas do Colexio desde os 3 anos en Educación Infantil ata o actual 4º da Iso, coa súa participación nas diversas actividades deportivas, festas escolares, certames da canción escolar co coro, excursións, etc.

Image 

En nome dos alumnos fixo uso da palabra Nerea Paz Sar que realizou un pequeno recordatorio das anécdotas vividas polo grupo na súa etapa de alumnos do Colexio e agradeceu a dedicación e esforzo de todos os profesores na súa educación, así como dos seus pais. Dun xeito especial recordaron á profesora Mariña Silva Caamaño falecida fai algún tempo.

O acto central da cerimonia foi a imposición das bandas ou bolsas de gradación que colocaron os distintos profesores aos alumnos graduandos, para intepretar finalmente o Himno Gaudeamus de rigor e a oracion de acción de grazas, na que se tivo presentes a Luciano Moreira Carracedo e Juana Mariño Rodríguez recentemente falecidos e cofundadores do Colexio. Despois todos os asistentes foron invitados a unha pequena recepción.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Colexio Nuestra Señora do Carmen.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com