sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Vimianzo tamén loita pola base de Salvamento Marítimo  Correo-e
miércoles, 17 de junio do 2009

Image

Se onte anunciábamos que o BNG corcubionés presentou xa unha moción para recuperar o proxecto do helicóptero e a base de salvamento para a Costa da Morte. Unha moción que fóra presentada tamén polo PSOE e polo BNG en Cee, e que hoxe non anuncian que terá lugar en Vimianzo.

O BNG vimiancés informa que presentará a moción no pseguinte pleno do concello, tratando de involucrar de igual xeito ás diferentes entidades socias da zona, como confrarías e asociacións.

Moción

Manuel Antelo Pazos, na súa calidade de Portavoz do Grupo Municipal do BNG, presenta para o seu debate e aprobación, se procede, na sesión do vindeiro Pleno da Corporación Municipal a seguinte moción para instar á Xunta de Galiza a que manteña a continuidade dos procedementos abertos polo goberno anterior da Xunta para construír a Base de Salvamento Marítimo na Costa da Morte, coa dotación de medios e persoal, e a do concurso iniciado para adquirir o helicóptero previsto para esa base.

Consideracións

O goberno do Partido Popular vén de manifestar a súa intención de anular a consignación orzamentaria e a tramitación administrativa iniciada na pasada lexislatura encamiñada a dotar á Costa da Morte dun helicóptero de salvamento marítimo coas correspondentes infraestruturas a situar en Lires-Cee. O motivo ten que ver coa a mentira habitual do PP sobre a falta de recursos na Xunta de Galiza e basearse nun falso concepto de austeridade para transmitir unha imaxe de precariedade, para que, en pouco tempo, aparezan todos os recursos necesarios ‘grazas a súa inexistente xestión’. Coñecida táctica utilizada por Aznar e o PP cando accederon en 1996 ao goberno do Estado.

Acontece, porén, que a vida dos mariñeiros non pode ser obxectivo electoral e partidista do PP nin se pode cuantificar economicamente. E o aforro público non se pode vincular ao sacrificio das necesidades máis perentorias, en materia de seguranza e salvamento.

A Costa da Morte é a día de hoxe a zona do litoral galego peor cuberta polos helicópteros de salvamento que operan en Galiza, pois existen dúas aeronaves pertencentes á Consellaría do Mar, unha ten a súa base en Vigo (o Pesca I) e a outra en Celeiro (o Pesca II ), e logo temos o veterano helicóptero de SASEMAR (o Helimer Galiza) na Coruña. Así, atopámonos nunha franxa de litoral na que se reduce ostensibelmente a operatividade das unidades aéreas en caso de emerxencia marítima, tanto polo incremento de tempo preciso para destacarse no lugar (procedendo de Vigo, A Coruña ou Celeiro), como pola importante minoración da autonomía, entendida como radio de acción e como tempo máximo de estadía sobre o lugar do sinistro. Mesmo no caso de ter que efectuar varias viaxes (algo relativamente normal) nun operativo de busca e salvamento nunha área da Costa da Morte, os helicópteros teñen que efectuar labores de avituallamento de combustíbel e mantemento nos aeroportos de Santiago de Compostela ou A Coruña, o que sen dúbida merma as súas capacidades.

A Costa da Morte e litoral próximo rexistra ademais unha importante taxa de sinistralidade marítima, onde cabe recordar os accidentes do Prestige ou o Casón, pero tamén a siniestralidade pesqueira con naufraxios graves en Malpica, Corme, Laxe, Camariñas, Muxía, Fisterra, Carnota, Muros ou Porto do Son. Estas localidades posúen un número importante de buques pesqueiros nos seus portos, ou ben que utilizan os seus caladoiros. De especial relevancia resulta tamén a existencia do Dispositivo de Separación do Tránsito Marítimo de Fisterra cun número medio anual de 42.000 buques que a atravesan (115 embarcacións por día). Resulta inaceptábel, por tanto, a decisión da Consellaría do Mar de prenscindir do helicóptero previsto na Costa da Morte.

Acordo

  • 1. Instar ao Goberno Galego da Xunta de Galiza a continuar o Concurso de Adxudicación dun Helicóptero de Salvamento Marítimo, iniciado polo goberno anterior, que teña como base permanente a Costa da Morte e se extenda ás comarcas de Muros-Noia e Bergantiños, dotando ademais o servizo das correspondentes infraestruturas de apoio loxístico e mantemento en terra.
  • 2. Trasladar este acordo ás entidades sociais, confrarías, asociacións empresariais e veciñais, procurando a súa adhesión a esta petición e o seu traslado ao Goberno da Xunta de Galiza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com