|
Volven as festas das Hortensias a Corcubión |
Correo-e
|
|
miércoles, 17 de junio do 2009 |
|
 O pasado martes 16 de xuño de 2009 celebrouse a inaguración do Hotel Restaurante As Hortensias. Non sería nada especial se non fose porque falamos do que foi un centro dinamizador na vida de moitos corcubioneses e de milleiros de visitantes na nosa bisbarra nos últimos lustros do século pasado. Onte, centos de veciños acodiron á chamada do pincho. Corcubión enteiro achegouse a lembrar vellas historias. Aqueles tempos das festas temáticas, que se festa setenteira, que se unha xincana xigante... un centro que daba moita vida a toda a xente corcubionesa. Veremos se esta nova andaina serve tamén para seguir unindo Corcubión.
As Hortensias, ao pé da praia de Quenxe, volve á actividade hostaleira. Nunha paraxe case que inmellorable (habería que recuperar a natureza rouba á zona de Quenxe), será un restaurante de primeira calidade. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|