Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Ames disfruta do barro de Buño  Correo-e
miércoles, 17 de junio do 2009

Image

O pasado martes 16 de xuño de 2009, inaugurouse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a exposición "Olería de Buño". Ao acto asistiron unhas 100 persoas en representación dos oleiros/as de Buño e da sociedade amiense. Así mesmo, en representación de ambos os concellos estiveron presentes boa parte dos membros dos respectivos gobernos municipais encabezados polos seus alcaldes.

Na exposición, de máis de 200 pezas. Recóllese unha ampla mostra da actividade oleira de Buño con pezas que van desde o s. XVIII ata a actualidade.

A exposición consta de dous apartados ben diferenciados. Por unha banda recipientes procedentes do Ecomuseo Forno do Forte, que achega 20 vasixas dos s. XVIII, s. XIX e principios do s. XX, procedentes das coleccións Histórica e Tradicional que forman parte dos seus fondos. Estes recipientes mostran o pasado de Buño, con produtos claramente funcionais orientados á vida cotiá, vidriados con chumbo, produto hoxe totalmente ausente, e con motivos decorativos máis austeros que contrastan coa produción actual, onde se combinan pezas funcionais con obxectos decorativos.

Pódese apreciar o cambio nos gustos da sociedade. Das potas, pucheros ou cazuelas que xunto coas "cuncas" dominaban na produción anterior a 1950, pasamos a xogos de café ou licor, pratos decorativos, bandexas ou figuras de moi diferente tipo que dominan na produción actual. Os novos recipientes, sen abandonar a tradición oleira buñesa, mostran a renovación e creatividade dos oleiros/as de Buño. A olería, como actividade dinámica sempre en constante evolución, adáptase ás demandas da sociedade e os traballos expostos polos oleiros son un magnífico exemplo disto.

O acto foi inaugurado polos alcaldes de Ames, Carlos Fernández, e Malpica, José Ramón Varela (falando na imaxe de abaixo), que mostraron o seu agrado por poder facer realidade unha actividade fraguada no peche da XXV Mostra de Olería de Buño, onde Carlos Fernández presidiu o acto invitado polo rexedor de Malpica. Ambos fixeron fincapé na magnífica relación existente entre ambos os concello e na súa intención en seguir colaborando no futuro.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Paco Doval, xerente do Ecomuseo Forno do Forte e encargado da organización desta exposición.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com