Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Cee vai este verán de ruta de sendeirismo  Correo-e
miércoles, 17 de junio do 2009

Image

Se dicimos que as rutas de sendeirismo están cobrando un protagonismo maior de cara a este verán é por algo. Será que pouco a pouco nos imos decatando das marabillas que temos diante? Será que nos decatamos de todo o que as podemos disfruta?

Aí está a concellaría de Benestar e Igualdade do concello de Cee para achegarnos ao patrmonio natural e organiza para os vindeiros meses de verán rutas de sendeirismo nas que poderán participar todas as persoas que o desexen.

A primeira destas rutas será ó Monte Pindo, o vindeiro domingo 21 de xuño. Precisamente a imaxe é do Monte Pindo, do cumio de Peñafiel.

Seguiralle á ruta a Verdes, no municipio de Coristanco, que se levará a cabo o 4 de xullo, e xa o 5 de setembro rematarase cunha camiñata polo Litoral de Camariñas.

Inscrición

As persoas que queiran participar farano de xeito totalmente gratuito e acompañados de monitores. Para iniciar cada unha destas rutas partirase desde a estación de autobuses da localidade. Poderán inscribirse en Servizos Sociais e no Centro Social do concello de Cee.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da concellaría de Benestar e Igualdade do concello de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com