|

Lira vive estes días uns momentos de conmoción. Unha tensión creada pola perda de outro servizo, outro máis. A Caixa Galicia ten previsto pechar a oficina que ten na vila carnotá, co que os veciños terán que desprazarse ata Muros ou Carnota para facer as súas xestións. A situación é complexa, xa que unha boa parte da poboación de Lira son persoas maiores, que cobran a pensión a través da Caixa Galicia. Contando con que non se pode contar co terrible servizo de transporte público, como van facer os nosos maiores para cobrar a pensión? Eso pregúntanse moitos veciños da zona, como Antonio Xoubanova, membro da plataforma creada pola veciñanza para evitar o peche. Antonio, que falaba onte na Radio Nordés - Cadena Ser, ironiza co asunto: "van ter que coller o autobús, pagar un taxi, ou ir no carro das vacas, para poder cobrar a súa pensión". O caso é que non é o primeiro servizo que marcha da zona. "É unha pena, xa o ano pasado perdimos a oficina do Pindo, e en Lira pechou tamén o servzo de correos. A este paso, imos ter que pechar o pueblo", recapacita Antonio. Antonio pedíu a colaboración do concello, ao tempo que anuncio informa das medidas que vai tomar a Plataforma para evitar que marcha a oficina. Antonio falou de rumores, que apuntan a que o peche será o vindeiro día 26 deste mes de xuño de 2009. A loita tamén na rede A loita non fica nas firmas físicas. Hai creada ata unha Plataforma na internet. Varios veciños da zona veñen de facer un Grupo do Facebook Non ó peche da Caixa Galicia de Lira. Así que, xa sabedes, a facerse "amigo". Así, ata podemos asinar o noso apoio pola rede en http://www.ipetitions.com/petition/caixagalicialira. Recollida de firmas Están mobilizando a todo o pobo os veciños de Lira. Teñen un escrito de sinaturas preparado, que se presentará diante dos responsables de Caixa Galicia. A cita será hoxe, xoves 18 de xuño de 2009, cando os clientes/veciños de Lira acudirán a partir das 13,00 horas a "pedir explicacións" sobre o peche na mesma oficiña. Non fican aí as actuacións, senón que o luns marcharán ata a Coruña coas firmas baixo o brazo para presentalas na oficina central da entidade. Este é o escrito que presenta a Plataforma: Escrito de recollida de firmas Os abaixo asinantes clientes da oficiña de Caixa Galicia en Lira enterados do inminente peche da sucursal, queremos manifestar a nosa contrariedade ante esta decisión polo que queremos prantexarlle as seguintes consideracións: - Descoñecemos cales son os motivos que levaron a dirección da entidade a tomar esta decisión, a día de hoxe aínda non temos comunicación oficial do peche, máis creemos que non será por criterios de rendabilidade, o importante número de clientes que operan nesta oficiña, máis de 2.000, fannos pensar que non será este o motivo.
- Unha importante porcentaxe dos clientes desta oficiña está formado por pensionistas de Lira e Lariño, un indicador da preocupante situación de envellecemento poboacional que viven estas localidades, que se verán gravemente prexudicados polo referido peche, acarrexando un importante prexuízo económico, nas xa maltreitas economías deste sector da poboación, e máis si cabe, en tempo de crise. Ademáis hai que ter en conta o prexuízo físico e moral, xa que terían que desprazarse as oficiñas máis cercanas, Muros e Carnota. Ao que hai que engadirlle un servizo de transportes deficitario que temos na zona e que dificultaría o desprazamento ata as citadas localidades.
- O feito de que os clientes da oficiña de Lira tiveran que ser atendidos nas sucursais de Carnota e Muros provocará unha importante saturación que iría en detrimento dun adecuado servizo aos clientes, e maís si temos en conta o peche da oficiña de O Pindo, polo que en todo concello tan soio quedaría unha única sucursal, ao que hai que engadirlle o problema que supón a dispersión poboacional do municipio.
- As poboacións afectadas de Lira e Lariño supoñen unha porcentaxe do 40 % do total da poboación do concello, e cunha importante actividade dinamizadora económica e social no contexto municipal (Confraría de Pescadores de Lira, Comunidade de Montes, Asociación Cultural “Canle”, Cooperativa Mardelira, Clube de Futbol de Lira, Comisión de Festas dos Remedios, Comisión de festas “Festa do Mar”, empresas de construcción, hostelería, Centro médico de atención primaria, farmacia, cetárias, granxa de acuicultura).
- Nos últimos anos estáse a notar un importante incremento do turismo en base a distintas iniciativas que se están a desenvolver en Lira, e que teñen unha importante repercusión a nivel, local, nacional e internacional. O feito de que non exista ningunha oficiña bancaria na localidade vai condicionar o desenvolvemento turístico.
- Consideramos inxusta a decisión nuns momentos especialmente difíciles que o que faría é agravar a situación dos habitantes dun pobo acostumado a sufrir, diante das escasas oportunidades laborais e da relación histórica deste pobo coa emigración. O peche desta oficiña é un recorte máis nos escasos servizos cós que conta este pobo e supon un importante freno ao desenvolvemento local.
- A totalidade dos asinantes apostamos decididamente por Caixa Galicia cando se decideu a establecer unha oficiña nesta localidade, valorando o servizo por encima dos beneficios que poderíamos obter por unha mellores condicións que ofrecían outras entidades bancarias, dahí que depositaramos a confianza nunha entidade que entendíamos que estaba comprometida có desenvolvemento local, estábamos errados resulta ser unha entidade bancaria máis que polo que se demostra, busca única y exclusivamente a rentabilidade financieira e para nada ten en conta o grado de fidelidade dos seus clientes e a compoñente social que se lle presupon a unha caixa de aforros, a máis representativa de Galicia.
- Asimesmo queremos aproveitar para manifestar o noso apoio ao Director da entidade que ten demostrado sempre unha gran responsabilidade e unha impecable relación con tódolos clientes.
Por todo o exposto é polo que SOLICITAMOS se reconsidere a decisión de peche da oficiña de Lira, e de non ser así reservamonos o dereito de negociar con outras entidades bancarias. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Radio Nordés - Cadena Ser.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|