Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Dúbidas sobre o esgotamento da cota da xarda  Correo-e
jueves, 18 de junio do 2009

A ASOAR ARMEGA informa de que a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños vén de prohibir a captura de xarda. A causa é que a cota designada a España para o ano 2009 de 29.549 toneladas, cota que xa foi esgotada.

Con todo, a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia solicitou unha reunión coa Xunta para aclarar a distribución da cota. Ademais a entidade pon de manifesto a gran inquietude e malestar que existe neste sector a raíz desta prohibición, tendo en conta que se ven perxudicados por o esgotamento da cota por parte de outros sectores e outras comunidades autónomas.

Nota de prensa da Asoar-ArmegaImage

ASOAR-ARMEGA ten recibido comunicación con data 11 de xuño da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños na que se informa da prohibición, dende a Secretaría Xeral do Mar, da captura de xarda (scomber scombrus) nas zonas CIEM VIIIc, IX, X e augas comunitarias do CPACO 34.1.1. Dita prohibición está baseada no artigo 21 do Regulamento (CEE) 2847/93, do Consello, de 12 de outubro de 1993 no que se establecen as cotas de capturas para distintas especies que se aplicarán aos distintos estados membros, sendo a cota designada a España para o ano 2009 na captura de xarda (scomber scombrus) de 29.549 toneladas, cota que xa foi esgotada.

Ante este comunicado, ASOAR-ARMEGA xa ten solicitado á Secretaría Xeral do Mar do Ministerio de Medioambiente Rural e Mariño, a Conselleira do Mar e a Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños diversas aclaracións ao respecto desta prohibición como si existen distribucións de cotas para captura de xarda (scomber scombrus) segundo as distintas comunidades autónomas e segundo os distintos subsectores de pesca (arrastre, cerco, artes menores), e de ser así como se teñen asignado. En breve solicitarase unha reunión urxente con estos organismos para aclarar todas as cuestións que conlevaron ao esgotamento de dita cota e buscar métodos de distribución axeitados para que esta situación non se volva a dar, así como realizar prediccións que poidan prever as diferentes situacións, defendendo sempre os intereses do sector pesqueiro da baixura que en moitas ocasións están a sufrir as consecuencias o non existir unha distribución de cotas por segmentos de flota que asignen cantidades explícitas a cada un deses segmentos.

Esta entidade quere poñer de manifesto a gran inquietude e malestar que existe neste sector a raíz desta prohibición, tendo en conta que se ven perxudicados por o esgotamento da cota por parte de outros sectores e outras comunidades autónomas, como xa ten pasado en outras ocasións, tendo que cargar co grave problema que esto supón para a flota de baixura que se dedica o enmalle ao ter que devolver ao mar a xarda (scomber scombrus) que queda mallada no aparello, coas conseguintes perdas económicas, máis se temos en conta a boa cotización que estaba alcanzando a especie nas últimas datas, agravando aínda máis a situación de crise que está a vivir este sector consecuencia do descenso de prezos e capturas dos últimos meses.

Quen mais van a sufrir estas consecuencias son as embarcación que se dedica ás Betas que xa tendo que descartar un 70% da pescadilla capturada para non incumprir co regulamento (CE) nº 850/98, atópase agora coa prohibición de capturar xarda, limitando considerablemente as capturas, poñendo en perigo a viabilidade económica destas embarcacións. Asemade haberá que ter en conta o desenvolvemento biolóxico da especie e as consecuencias que esto pode traer non só para a xarda senón para outras especies, podéndose ver afectado o ciclo biolóxico mariño.

Desde esta entidade queremos denunciar tamén a falta de previsión ante un inminente esgotamento da cota, e o precipitado da orden de prohibición, posto que se deu comunicado o mesmo día que se fixaba como data de comezo de prohibición, atopándose a flota xa faenando e véndose sorprendidos pola noticia e sen marxe de actuación. Asemade queremos insistir na necesidade de distribuír o TAC de cota asignado a España por Comunidades Autónomas e segmentos de flota, asignando topes anuais por embarcación, como xa se ten feito con outras especies, para que este problema non volva a surxir, e o sector de artes menores non teña que sufrir as consecuencias dos danos que outros producen e que prexudican a todos.

Novas relacionadasImage

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com