|

O alcalde carnotán José Oreiro, mativo unha reunión co sector histaleiro para presentar algunha iniciativa de relanzamento do turismo na zona. Un encontro que parte do concello, que pensa, que nestes difíciles momentos é o ente público quen ten que unir o sector e crear novas iniciativas para potenciar o turismo. O encontro foi positivo, e tratou varios puntos. O alcalde anunciou unha moi boa nova, que o concello realizará un mapa-guía cos recursos naturais do concello. Xa ten editado, un mapa da senda verde, e agora falta completar unha boa guia cos marabillosos recunchos carnotáns, coma o Bico do Santo ou as fervenzas de Pedrafigueira. Ademais, o alcalde quere facer unha guía de hostalería, na que incluiría os establecementos. Tamén, consciente o alcalde da potencialidade da internet, quere que os establecementos carnotáns estean na rede. Para iso vai nos incluir nun enlace a través da web da Hostalería de Carnota. O enlace incluiría unha ficha de establecemento con características, prezos e contactos, así como fotografías do exterior e interior, enlazada á nosa web institucional, aproveitando así as máis de 30,000 visitas ó ano e máis de 100.000 páxinas vistas. Novas relacionadas Recunchos de Carnota Máis información Fonte
|