|
Espuma, maxia e moitas máis actividades na Festa de Fin de curso de Zas |
Correo-e
|
|
jueves, 18 de junio do 2009 |
|

Este domingo 21 de xuño terá lugar a Festa dos Nenos de Zas. A concellería de Cultura e Deporte zaense organiza esta festa para os cativos, cunha morea de actividades. A festa comezará ás 15:30h e non parará ata ás 20:00h, e se desenvolverá no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas. As actividades máis destacadas son un circuito de trikets, un de quads, un toro mecánico, inchables, unha gardería, unha carpa coa Wii, un tobogáb acuático, unha sesión de tiro con arco e ata un taller de abalorios. Antes de rematar actuará o Mago Pablo Trasno e para pechar a festa, que mellor que unha festa da espuma. Novas relacionadas Fonte
|