|
Don Emerito recibirá a súa homenaxe |
Correo-e
|
|
jueves, 18 de junio do 2009 |
|

O mes pasado falabamos cunha das persoas que está a intentar achegar a figura de Desiderio Paz Figueroa á poboación máis nova de Fisterra e da Costa da Morte. Era Ramón Domínguez, ‘Moncho’, o que nos falou desta figura filantrópica do concello fisterrán. O músico fisterrán, ademais do director do Coro de Fisterra e Carnota, é un apasionado estudioso da vida de Don Emerito, sen tilde, como o chamaban en ton agarimoso na vila pola súa proximidade e amabilidade . Este sábado 20 de xuño de 2009, a Clausura da Escola de Música e de Teatro Municipal servirá para ofrecer unha sentida homenaxe a Don Emerito, a persoa que máis influi no eido cultural da vila do Cristo. Foi Don Desiderio, quen formou a primeira Banda de Música e máis o primeiro Grupo de Teatro, polo que a cita no pavillón municipal o sábado 20 de xuño ás 20:00h, é máis que obrigatoria. Como non podía ser doutro xeito, Don Emerito foi considerado para a Elección Histórica da Costa da Morte, pero finalmente non entro entre os tres elixidos polos lectores de QPC e da bitácora de Xoán Silva Pazos, Promontorio Nerium. Elección Histórica Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|