|
Chegan as Criaturas da casa a Cee |
Correo-e
|
|
jueves, 18 de junio do 2009 |
|

A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee informa da estrea da nova montaxe da Escola Municipal de Teatro de Cee: "Criaturas". O espectáculo, apto para maiores de 13 anos, será representado no Salón de Actos do Concello ás 21.00 horas este sábado 20 e domingo 21 de xuño. O prezo da entrada será o habitual: 1.5 euros para pensionistas e 2.5 euros para público adulto. Sinopse de Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño O doutor Frankenstein despois de moitos intentos consegue darlle vida á súa criatura. Na súa andaina vaise atopando con unha galería de situacións e personaxes que nos levan a pensar que a monstrosidade da criatura quédase pequena ao comparala co resto dos mortais. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Concello de Cee.
|