Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Os veciños de Lira manifestáronse na Caixa Galicia  Correo-e
viernes, 19 de junio do 2009

Image

Máis dun centenar de persoas manifestáronse no mediodía de onte, xoves 18 de xuño, diante das portas da Caixa Galicia de Lira. A intención da entidade de pechara sucursal provoca a perda dun novo servizo para os veciños de Lira, que terán que desprazarse ata Muros ou Carnota para realizar as súas xestións económicas.

A situación agrávase dada as características demográficas do lugar, xa que a maioría dos veciños son persoas maiores que non poden conducir. Este feito sumado ao inexistente servizo de transportes provoca que para os veciños, a marcha da Caixa Galicia supoña un importante pao. Os veciños xuntaron máis de 1.000 firmas que presentaron ao director da oficina, moi respetado polos veciños. De igual xeito, a plataforma creada para a ocasión levará o escrito e as firmas ata a oficina central na Coruña, para protestar ante as altas instancias.

Image 

Protestas dende BNG de Carnota

O BNG carnotán foi o primeiro en manifestarse. Para a oposición, o alcalde debería meter man no asunto, máis se cabe cando falamos da segunda oficina que marcha do concello tralo peche da sucursal do Pindo hai 6 meses. O BNG vai máis alá ante a razón principal que sinala a Caixa, a falta de rendibilidade económica, e mira os estatutos da entidade galega. A Caixa Galicia defínese como unha "entidad ajena a fines de lucro, que orientará su actividad primordialmente al servicio de Galicia".

" Entenderemos por servizo a Galiza e sen fins de lucro o feito de pechar unha sucursal no rural porque non é rendíbel economicamente?", pregúntase o BNG carnotán.

Poden ler o comunicado do BNG íntegro na páxina web bng-carnota.org.

Image 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa do BNG de Carnota.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com