|
Os peques tamén van ao Telecentro |
Correo-e
|
|
viernes, 19 de junio do 2009 |
|

O pasado xoves 18 de xuño de 2009, tivo lugar no Telecentro de Vimianzo a 1ª sesión co programa Jclic. Dous grupos de escolares do CEIP "San Vicenzo" de Vimianzo asistiron durante toda a mañá ao Telecentro para aprender a utilizar o programa JClic. Nada menos que 5 e 6 aniños tiñan os pequenos que se achegaron ao Telecentro para irse familiarizando coas novas tecnoloxías. Compre destacar que a iniciativa foi todo un éxito, pois aos rapaces pasóuselles o tempo de contado repasando asignaturas coma: coñecemento, matemáticas, inglés e lingua. Ao finalizar, entregóuselle un pequeno agasallo a cada un. Jclic é unha ferramenta informática, de código aberto, que está formada por conjunto de aplicaciones informáticas que sirven para realizar diversos tipos de actividades educativas multimedia coma: cálculos matemáticos, exercicios de texto, rompecabezas … Cousa que para a época estival ven bastante ben, pois axuda a repasar e fixar os conceptos adquiridos durante o curso dunha forma sinxela e divertida. 
Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Servizo de Desenvolvemento Local de Vimianzo.
|