Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A doble cara da ruta da subida á Moa dende O Fieiro  Correo-e
viernes, 19 de junio do 2009

Image

A pasada fin de semana, armados de valor baixo un tempo infernal, un grupo de corcubioneses partiron do Fieiro para percorrer o emblemático Monte Pindo. Eliximos esta subida, que está en pleno proceso de desenvolvemento. É a Asociación Cultural Perfecto Sande Braña de Mazaricos á que está a realizar, cunha subvención de Medio Rural, a sinalización da ruta, que se pechará para facer un percorrido circular e se intentará homologar como acaban de facer cunha ruta no concello de Laxe.

A boa

Image 

O percorrido da ruta lévanos dende o Fieiro ata a Moa, para facer a volta polo pico de Peñafiel e voltar case que ao mesmo lugar logo de atravesa o val do río Cancelada. A volta aínda non está sinalizada, pero a subida á Moa está perfectamente marcada. E marcada de xeito exemplar, sen demasiada intervención, con palotes de madeira e sen deixar lugar á posibilidade de perderse.

A mala

Pero as novas non son todas tan positivas. Ao subirmos ata a Moa, a poucos metros baixo o pico máis alto do monte (627m), hai un lugar moi especial. Aló atopamos os restos do que puido ser unha vella igrexa, ou non. As pedras fican ciscadas pola zona, a hedra cobre os restos das pedras, e moitas destas pedras traballadas sirven para facer as barbacoas, que malia que está prohibido, ninguén repara.

O caso é que aló, embaixo dunha coviña entrañable e dun dos gravados rupestres que se coñecen no monte, había un fermoso piñeiral, que daba sombra a un pequeno campeiro, que servía para tomar un respiro trala dura subida, sobre todo dende O Pindo. Xa non o hai.

Image 

Resulta que este lugar é usado pola propia Asociación Perfecto Sande Braña de Mazaricos, e pola Caixa Galicia, para facer unha churrascada conxunta cada ano, que este ano terá lugar o 4 de xullo. Os veciños de Mazaricos e mais os traballadores da Caixa, precisaban dunha infraestrutura para estar cómodos nesta xuntanza, e pedían constantemente unhas mesiñas á Asociación.

Falamos con Juan Jurjo, da Asociación Perfecto Sande Braña. Juan explicounos as causas que comentamos do por que da actuación no piñeiral da "igrexa". Co permiso de Medio Rural, a asociación cortou unha boa ristra de piñeiros, que segundo Juan Jurjo, estaban queimados dende o fatídico verán do 2006.

Informámonos ante esta afirmación, e segundo varios especialistas e amantes do monte, entre os que destacamos ao corcubionés Bruno, e mais ao Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Caldebarcos e San Cibrán, Domingo Martínez Beiro, o piñeiral non fora afectado completamente no incendio, e a día de hoxe materíase practicamente enteiro. Se ben a foto é de anos anteriores tentaremos conseguir unha foto do piñeiral de hais uns meses.

Para nós, esta actuación non é para nada positiva. Acabar cun piñeiral para realizar unha área de descanso a máis de 500 metros de altura non nos parece o máis axeitado, en tanto que os que chegan ata ese punto, teñen que amar o suficiente a natureza como para priorizar os piñeiros ás mesas de picnic.

ImageImage 


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com