Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Axenda cultural para esta fin de semana do ecuador de xuño  Correo-e
viernes, 19 de junio do 2009

I Festival Río d´area

Image 

A Asociación de Veciños "A Pergoliña" de Camelle organiza un festival de música para esta fin de semana. Será o sábado 20 de xuño cando naza o I Festival Río d´area. Haberá unha morea de actividades, con música, xogos populares e unha gran sardiñada. Todo, na praia de Camelle.

Fisterra homeanxea a Don Emerito

Image

Este sábado 20 de xuño de 2009, a Clausura da Escola de Música e de Teatro Municipal servirá para ofrecer unha sentida homenaxe a Don Emerito, a persoa que máis influi no eido cultural da vila do Cristo. Foi Don Desiderio, quen formou a primeira Bande de Música e máis o primeiro Grupo de Teatro, polo que a cita no pavillón municipal o sábado 20 de xuño ás 20:00h, é máis que obrigatoria.

Ciclo de Cine de Corme

Nova entrega deste ciclo de cine do oeste con un peliculón. Grupo Salvaxe Sam Peckinpah é calificada como un dos mellores westerms de todos os tempos, polos críticos de cine. Poderás vela na Asociación ás 22.00h este venres.

San Adrián de Corme

A festa estará organizada pola A.C San Adrián de Corme-Aldea e contará cunha morea de música. O venres 19 de xuño actuarán as orquestras Triunfo e Cibeles. O sábado 20 de xuño actuarán as orquestras Chaston e Bohemia. Finalmente, o domingo 21 de xuño, actuará a orquestra Nebrasca.

San Adrián de Malpica

Tamén hai troula en Malpica co gallo do San Adrián. O venres comezará coa orquestra Estrella do Mar. Para o sábado estará a Alianza e a Xuntanza, mentres que o domingo actuará Juan Mallo. Ademais, o domingo o santo viaxará ata o mítico monte de Santo Hadrián, diante das illas Sisargas.

Festas en Suxo

O aldea muxián de Suxo está de festa. Para o sábado contará co Grupo Ciclón e a orquestra Nova Palma.

Clausura das Escolas de Teatro en CeeImage

O sábado 20 e o domingo 21 de Xuño: 21.00 horas. Salón de Actos do Concello: A Escola Municipal de Teatro (Grupo de Adultos) representa "CRIATURAS", baixo a dirección de Artur Trillo. Obra recomendada para maiores de 13 anos. Prezo das entradas: 1.5 euros para pensionistas e 2.5 euros a entrada xeral.

Fin de curso en Zas

Este domingo 21 de xuño terá lugar a Festa dos Nenos de Zas. A concellería de Cultura e Deporte zaense organiza esta festa para os cativos, cunha morea de actividades. A festa comezará ás 15:30h e non parará ata ás 20:00h, e se desenvolverá no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas.

  • Espuma, maxia e moitas máis actividades na Festa de Fin de curso de Zas.
  • Fin de curso en Mazaricos

    A APA Barcoma do CPI A Picota, en conaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Mazaricos, organizan a Festa de Fin de curso para os 3 colexios do concello. Será este domingo 21 de xuño de 2009, a partir das 16:00h no Polideportivo da Picota.

    • Os tres colexios de Mazaricos celebran o seu fin de curso.
    • VIII Encontro de Corais

      Image

      O VII Encontro de corais en Baio será o sábado 20 de xuño, ás 21:00h na Igrexa nova de Baio. Participarán as corais Coral A Gaiteira de A Coruña, a Coral piloñesa Ars Nova de Infiesto (Asturias) e a anfitriona Coral polifónica Xan Mella.

      Música en Laxe

      O venres 19 pola mañá, haberá varias actividades didácticas: para o alumnado de Educación Infantil e Primaria, un Concerto didáctico, a cargo do Quinteto de Vento Pentafonía, no que explicarán a vida e Obra de Mozart, mentres tanto, para o alumnado de Secundaria, proxectaráselles o film Amadeus.

      Maxia en Ponteceso

      Image

      O vindeiro venres 19 de xuño haberá unha actuación do Mago Cayetano Lledó, que representará a obra Máxico Circus Cabaret na A.C Río Anllóns ás 19.30h. Dirixida a todos os públicos. Entrada de balde.

      Festival de Brens

      A Asociación Cultura e Deportiva de Brens continúa coa súa semana de actividades. O sábado 20 e domingo 21 de xuño de 2009 celebrarase no Pavillón Municipal de Cee a 22ª edición da COPA-MARATÓN DE FÚTBOL SALA SÉNIOR CONCELLO DE CEE 2009.

      Ademais hai un festival de baile coas actuacións dos Grupos de Baile de Brens, Cee, Fisterra, Dumbría, Porto do Son, Pobra do Caramiñal e mais o Baile Nerio de Corcubión.

      Marcha cicloturista por Dumbría

      O concello de Dumbría organiza para o vindeiro sábado 20 de xuño, a 2ª ruta cicloturista "Coñece o teu Concello". A ruta percorrerá as parroquias de Dumbría e Berdeogas pasando por: Dumbría, Cheo, Igrexa, Estimán, Sábade, Berdeogas, Farrapa, Alvarellos, Sarteguas, Boudañeira, Area Recreativa de Berdeogas (avituallamento)- Campo de Berdeogas, Sábade e Dumbría. A distacia é de 16 km, e todo sobre asfalto.

      Sendeirismo dende Corcubión

      Image

      A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Corcubión organiza unha nova xornada de sendeirismo e convivencia no medio natural para o domingo 21 de xuño. A ruta irá de SAnta Mariña ao Cabo VIlán.

      Fonte

      • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com