|

Está aberta a convocatoria para cubrir prazas vacantes de usuarios par o Proxecto de Compostaxe Caseira que proximamente se porá en marcha en Corcubión. Cabe lembrar que Corcubión é uns dos 13 municipios do estado elixidos pola Secretaría de Estado de Cambio Climático del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARM). Trátase así dun programa pioneiro no rural da Costa da Morte. A iniciativa partíu dun particular, Alfredo González, quen hai xa case que un ano enviaba un escrito ao Ministeiro ofrecendo Corcubión como banco de probas para o Ministerio. Os requisitos son dispor dunha finca de máis de 100 m2 e comprometerse a iniciar e realizar o porceso de compostaxe nos prazos indicados no Proxecto. Se hai xente de máis, farese un sorteo. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Técnica de Medioamebinte do Concello de Corcubión, ou ben chamando ao 981 745 400. O prazo de inscrición remata o vindeiro martes 23 de xuño. Proxecto Lecer O Concello corcubionés presentou o programa de actividades lúdicas e educativas de cara a este verán. A Concellería de Servizos Sociais de Corcubión organiza para os meses de xullo e agosto, o programa Proxecto lecer de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Un programa que está pensado para os nenos de entre 4 e 10 anos. As interesadas/os poderán inscribirse no Concello, dende o 19 ata o 27 de xuño, chamando ao 981 745 400. Cntratación dun monitor Ademais, para este Proxecto, o concello quere contratar un monitor de tempo libre. Os maiores de 18 anos interesados, coa titulación de monitor/ra de tempo libre, diplomado/a en educación infantil ou primaria, ou calquera outra similar, poden presentar o seu curriculum, xunto cunha proposta de proxecto a desenvolver nese período. Novas relacionadas Fonte
|