|
A pasada semana eran máis de 100 os veciños que se manifestaban na mesma sucursal Caixa Galicia de Lira para esixir que non peche a oficina, a segunda no concello carnotán nos ultimos meses, tralo peche da sucursal do Pindo. Hoxe, luns 22 de xuño de 2209, a plataforma creada para a ocasión, organiza unha unha viaxe en autobús para realizar unha protesta ante a sede de Caixa Galicia na Coruña. Sairán dous autobuses con 41 prazas en total dende Lira con destino á Coruña. Os autobuses parten dende o bar ‘Casa Louro’ de Lira. O bus irá cara a zona do Obelisco, no Cantón Grande, para desprazarse dende aí ata a sede central da entidade financieira. Alí entregarán o listado das firmas de apoio conseguidas ata ese momento, así como un escrito que mostra o rexeitamento dos veciños ante a decisión de Caixa Galicia de pechar a súa sucursal en Lira. Os veciños acusarán á Caixa Galicia de traizoar os seus estatutos, que definen á entidade como "entidad ajena a fines de lucro, que orientará su actividad primordialmente al servicio de Galicia". En internet A loita segue tamén por internet, a través do grupo de Facebook "Non ao peche da Caixa Galicia de Lira", que conta cunha colleita de firmas on-line. Así, os veciños iden que se non poden acodir á cita presencialemente, que fagn público o seu apoio a través das seguintes ligazóns: Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|