Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PPdeG fai balance dos gobernos municipais bipartitos e aposta pola macropiscifactoría de Touriñán  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

O Partido Popular afirmaba onte, trala inauguración da piscifactoría de Pescanova en Mira, Portugal, a máis grande do mundo, que apoiará a instalación da granxa programada para o Cabo Touriñán. Así o fixo claro Rosa Quintana, conselleira do Mar, que considera que Galicia perdeu unha oportunidade cando o bipartito non anulou o proxecto e non o incluiu no Plan Sectorial por estar en Rede Natura.

A conselleira afirmou que fará o necesario para que saia a adiante o proxecto de novo, malia que non estea incluido no Plan Acuícola. Manda así unha mensaxe de tranquilidade á empresa Pescanova. Para Rosa Quintana “é perfectamente compatible un proxecto destas características en Red Natura”.

Gobernos municipais bipartitos

O goberno da Xunta fai balance da situación de goberno biartito nos concellos do país: a conclusión é "desoladora" segundo o PP, e non cre que haia "indicios de mellora da súa nefasta xestión nos vindeiros 24 meses".

Para o PP, a situación dos concellos con goberno bipartito manteñen un "rastro de desgoberno, parálise, desunión, enfrontamentos e malas noticias". Para o PP, o "O 1 de marzo foi unha moción de censura virtual ao modelo de xestión bipartito nos concellos", e insta aos gobernos bipartitos a romper as súas alianzas.

Ademais, o PP afirma que as sete cidades galegas padecen unha dobre crise: "a económica e a política que xeran uns bipartitos que, aínda que condenados ao fracaso electoral, mentres resisten estanse a levar por diante as posibilidades de desenvolvemento dos cidadáns aos que goberna".

Vídeo de Francisco Santiago López

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa do PP de Galicia.
  • Xornal.com: La Xunta confirma que apoyará la planta de Pescanova en Touriñán.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com