|
A Comunidade de Montes de Caldebarcos protesta por partida doble |
Correo-e
|
|
lunes, 22 de junio do 2009 |
|
O pasado domingo día 13 de xuño, os veciños de Caldebarcos estaban agardando para dar clase de regueifa e pandeireta, nun local municipal. A sorpresa da chegou cando o concello non os avisou e alugou o local para outras actividades. O presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Caldebarcos e San Cibrán, Domingo Martínez Beiro, emais César Cambero Quintela, Presidente da Asociación de Veciños "Xurde Caldebarcos", protestan ante a falta de información aos veciños da zona. Os veciños quedaron sen as súas clases dos cursos financiados pola Deputacións. Así, Comunidade e Asociación piden que se lle informe das novidades sobre o local, en tanto que todo o material das clases está no mesmo centro. Actuación no Monte Pindo A pasada semana o presidente da Comunidade de Montes de Caldebarcos apoiaba a nosa protesta contra a nova área de descanso que a asociación Perfecto Sande Braña de Mazaricos vén de construir no Monte indo, ao carón do pico da Moa. Unha actuación que obrigou a cortar un piñeiral. O presidente da comunidade, Domingo Martínez Beiro, afirmou que as árbores non estaban queimadas e que a paraxe era idílica.Estes días coñeceremos más de preto como estaba o ìñeiral antes da tala. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Nota de prensa da Comunidade de Montes de Caldebarcos.
|