Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG de Corcubión aprobará os orzamentos municipais se o goberno cumpre 3 condicións  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

O grupo do BNG corcubionés pon 3 condicións apra aprobar os orzamentos deste 2009 e así aliviar a situación das arcas municipais. Logo dunha reunión entre o voceiro do Bloque, Oscar Insua, e o alcalde, Francisco Lema Chisco, na que se debatiron s orzamentos presentados hai un mes polo goberno, o BNG manifestou a intención de contribuír a desbloquear a delicada situación financeira, xa que o orzamento municipal está prorrogado dende 2007. Vemos na foto aos membros do BNG corcubionés nun pleno do ano pasado.

Iso si, pon tres condicións o BNG:

  • construír un centro de día na vila; xa levara o BNG ao pleno a posible rehabilitación do anigo Asilo Emilio Alonso o pasado mes de xaneiro.
  • a financiación total do comedor escolar no colexio Praia de Quenxe;
  • e a rehabilitación do auditorio municipal “Capela do Pilar”.

O BNG afirma que colaborará para levar a cabo as tres medidas. Para o BNG, o centro de día trátase "dunha gran demanda dos maiores, que non queren marchar do concello nos últimos anos das súas vidas. Por outro lado queremos incentivar a matrícula no colexio de Corcubión para evitar máis problemas como os das últimas semanas por falla de alumnado, e por último queremos que a Capela do Pilar sexa un centro dinamizador no pobo, ao servizo das asociacións culturais e veciñais.”

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com