|

O pasado venres 19 de xuño de 2009, celebrouse a esta de fin de curso do colexio público Praia de Quenxe de Corcubión. Unha morea de cativos e as súas familias disfrutaron dunha xornada festiva, que serviu adeamis para despedir ao director, Franciso Rivero, tras 20 anos de dedicación ao centro corcubionés. A festa trouxo de todo, dende agasallos varios a actuacións, pandereitas, hinchables e, por suposto, unha merenda para todos e todas os/as asistentes. Festa galega A asociación cultural-pedagóxica Universidade Popular de Corcubión sumouse a festa de fin de curso do colexio público Praia de Quenxe de Corcubión. Comenzou coa presentación e o saúdo do director do centro, que deu paso á secretaria da asociación, Dulce Canosa, para facer entrega dun agasallo aos alumnos. Vemos na imaxe a Dulce entregando os agasallos, co director detrás sacando fotos. O agasallo consistiu nunha mochila co lema Goza do galego, móvete en galego, que contiña un cancioneiro editado pola propia asociación, uns contos para os máis pequechos, un bolígrafo e unhas chucherías. A Universidade Popular de Corcubión mostra deste xeito o seu apoio a ensinanza pública e a ANPA así como a defensa á lingua propia. 


Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión.
- Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|