Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Carmen Borbujo pide un novo valado na zona do colexio de Carnés  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

A portavoz municipal do Partido Popular en Vimianzo, Carmen Borbujo instou ao goberno local a dar unha solución inmediata antes do inicio do próximo escolar, a un problema que veñen denunciando os veciños da parroquias de Carnés, e en especial os pais e nais de alumnos da escola unitaria.

Trátase dun pequeno valado, que consideran perigoso tanto o PP como moitos pais do centro educativo. "Pedimos ao goberno que se elimine esta situación de inseguridade antes do próximo curso", di a portavoz do PP.

Polo tanto solicitaron ao rexedor, Alejandro Rodríguez Lema a que tome as decisións oportunas para realizar un novo valado da zona, e deste xeito protexer á poboación infantil de posibles riscos e accidentes. Os populares esperan que se aproveiten estes meses de verán para executar a mellor.

Carmen Borbujo recorda que "unha das nosas prioridades é a poboación infantil, e no caso concreto de Carnés foi o PP, quen demandou os arranxos na escola, e pediu unha actuación na zona do parque infantil que levará a cabo".

Bus escolar

O PP de Vimianzo pide tamén ao executivo local que se facilite o acceso dos nenos e nenas das parroquias ás actividades municipais durante o verán. Aporta ideas, como por exemplo, a posta en marcha dun servizo de transporte, para que poida gozar de espazos como a piscina municipal, qu, como lembran dende o PP, grazas a unha das súas propostas, ten desde o ano pasado carácter gratuíto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Vimianzo.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com