Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Valarés é con V dende a Idade Media  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

O Colectivo conVdeValarés continúa preparando o seu reivindicativo festival. I é que ademais de música, o colectivo quere recuperar un V a V da praia de Valarés, que oficialmente escríbese con b. Erroneamente para o colectivo pontecesán.

Así, esta semana foille remitida á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia a documentación histórica na que se testemuña que o apracible areal de Valarés se escribe con V xa na Idade Media. Precisamente, esta é unha das reinvicacións do Colectivo con V de Valarés quen leva anos celebrando un festival alternativo dirixido ás novas xeracións.

Fanzine

Unha das constantes de todas as edicións anteriores do festival é a publicación dun fanzine que leva o nome do evento. Neste ano os contidos do mesmo teñen peso as colaboracións internacionais de banda deseñada. No apartado de textos cóntanse con artigos de Luís Giadás ou de Xosé Manuel Varela, dous colaboradores deste dairio na Elección Histírica na Costa da Morte. Hoxe, luns o fanzine xa está na rúa e en breve xa se pode descargar dende a páxina convdevalares.com.

Programa

Nesta ocasión, a programación é variada xa que se combinan as proxeccións audivisuais realizadas por Omar Rabuñal, coa serie Para marinheiros nós, que conta como protagonistas a Suso Lista e Manolo de Laxe, e que promociona o festival cunha nova curta.

Haberá moitas máis cousas, como a a publicación dun fanzine deseñado por Adrián Varela, así como un amplo catálogo de actuacións musicais tanto ao vivo ou de DJs. A gran novidade serán as propostas diúrnas dirixidas a todo tipo de público na que sobrancean os espectáculos circenses ou as travesías en piragua.

Entre a música destacamos a Los Abertos, banda de Brighton, Reino Unido, que fan unha mistura de ska, punk e funk, explosiva, máis que divertida. Estes son:

Image 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Nota de prensa do Colectivo con V de Valarés.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com