Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PSdeG de Ponteceso denuncia o abandono da parroquia de Cores e A Campara  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

Seguindo coa súa campaña “A túa parroquia como ti a queres”, membros da Agrupación Socialista de Ponteceso reuníronses o pasado xoves 18 con veciños da parroquia de Cores e A Campara en Ponteceso. Os veciños denuncian a situación de abandono da zona do río, provocando inundacións nas pistas do redor. O grupo pide ao concello que solicite a axuda da Xunta para manter limps os ríos, par ademais potenciar así o patrimonio natural.

Segundo o Psdeg-Psoe de Ponteceso, as herbas están sen cortar, pese a ter o concello unha máquina e empregados a cargo da limpeza das herbas que invaden as xa de por sí estreitas pistas. Tamén afirma que a mala execución das obras de canalización das augas pluviais e residuais fai que a auga escorregue polo medio das pistas. Así, para a oposición, hai que liberar os cauces dos ríos perto das pontes para que en caso de enchenta non se faga tapón.

O PSdeG apunta a posibilidade de acollerse ás axudas da Xunta para manter limpos os ríos do concello. Ademais propón que se realicen proxectos de conservacións das áreas fluviais con fondos de Medio Ambiente.

Patrimonio Natural

Continúa así o grupo loitando polo coidado do patrimonio natural e segue lembrando a necesida de preservar o valor ecolóxico dos ríos e á vez protexer os veciños das zonas próximas ás correntes fluviais dos posibles perigos dunha enchenta.. Para promocional o patrimoni natural, a oposición segue ofertando o dominio que ten reservado o grupo: www.tesoronatural.com.

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com