Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Caixa Galicia responderá aos veciños de Lira o mércores trala protesta na Coruña  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

Un par de autobuses repletos de veciños de Lira parou na mañá deste luns 22 de xuño de 2009 polo centro da Coruña. A sede central da Caixa Galicia en San Andrés era o destino do centenar de veciños que quería presentar a súa disconformidade polo peche da sucursal na vila carnotá.

Foron os portavoces dos veciños Pedro Balayo Caamaño e Antón Xoubanova Yermo, os que presentaron o escrito de protesta co milleiro de firmas colleitadas. E foi na reunión que mantiveron co director xeral adxunto da sede central. Os voceiros explicaron a situación demográfica da vila con maioría de pensionistas, que sumada á carencia total dun servizo de transporte público e ao peche hai 6 meses da sucursal do Pindo, fai moi complicado o cobro da pensión a boa parte da veciñanza de Lira.

Image 

Resposta en 48 horas

O vindeiro mércores os veciños de Lira obterán unha resposta por parte da dirección da Caixa Galicia, entidade que, lembramos, se define como "entidad ajena a fines de lucro, que orientará su actividad primordialmente al servicio de Galicia". Os voceiros manifestaron que está aberta a posibilidade do diálogo.

De tódolos xeitos, a situación non cambia. Para Xoubanova, a decisión é precipitada e non entende como se tomou "en menos dunha semana, sen pensar nas consecuencias". Para Xoubanova, "a obra social" deberia ser o punto que diferencia á Caixa do resto de bancos que operan no país.

Con todo, os veciños quixeron lembrar o seu agradecemento ao director da sucursal de Lira, Faustino J. Rivadulla Carracedo, máis coñecido como Tino, moi querido e respectado polos veciños.

Alí estaban os representantes do BNG carnotán apoiando amanifestación veciñal. O grupo opositor instou ao concello a tomar parte no poblema, pero polo de pronto non se anifestou.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fonte

    • Blog do BNG de Carnota.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com