Xoves, 09 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O grupo de teatro de Cee estreouse na casa  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

Esta pasada fin de semana o Grupo de Teatro de Cee, de adultos, presentaba a súa última obra ante o seu público. A obra Criaturas, de Vidal Bolaño e dirixida por Artur Trillo, responsable da Escola de Teatro de Cee, e doutras da bisbarra, narra pequenas historia enlazadas por un triste Frankenstein interpretado por Rubén Prieto Tomé.

O Frankenstein de Cee tivo un problema: algunha desalmada arrincoule o corazón. Esa desalmada era a súa amada, co que deixou ao pobre monstruo tan triste e humano como calquera persoa na vida cotiá... A medida que avanza a obra, o monstruo vaise atopando con distintas situacións, personaxes, que nos resultan moi coñecidos e realmente son máis monstruosos que o mesmo Frankenstein.

Tamén estiveron enriba do escenario Belén Lado Outes, José Luis Louzán (si, si, o home das verdades como puños), Xosé Lois López, Aancia Trillo, Alfonso Insua Gómez, Martín Dono, Isabel Tomé, Mari Carmen Fiuza Castiñeira, Tito Rodríguez, González, J. Tomás Arias, Ana Facal, Tomás L. Freire, Fina Vietes Pereira, Lola Lema e Patricia Porteiro.

E esta semana máis. O mércores tócalle ao resto de grupos da prolífica Escola de Teatro ceense.

Image 

Talía Teatro presenta en Compostela

Palabras encadeadas, a última obra de Talía Teatro, que fóra estreada en Cee o mes pasado, será presentada mañá en Compostela. O espectáculo representarase o Xoves 25 e Venres 26 de xuño ás 21.00 h. no Teatro Principal.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com