Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Coral Xan Mella puxo o broche de ouro a un agardado VII Encontro de Corais  Correo-e
lunes, 22 de junio do 2009

Image

A tradición coral de Baio completou esta pasada fin de semana o esplendor da actuación na casa da Coral Xan Mella. A Igrexa nova estaba a reventar, para celebrar o VII Encontro de Corais. Ante de chegar o punto culminante da noite, pasaron por escea a Coral a Gaiteira de A Coruña e máis a Coral piloñesa Ars nova de Infiesto (Asturias).

Pero a xente tiña claro á súa favorita. Para pechar a cita, o público levou en volandas á coral anfitriona Xan Mella dirixida por Tatiana Pankrátova. Non deixa de mellorar a coral, e os matices harmónicos cada día están mellor traballados. Moi aplaudido foi o tema "Lela" (a primeira vez que se cantaba en Baio) e as dúas habaneras. O alcalde zaense, Lolo Muíños, agasallou á Coral, como vemos na imaxe.

Cachelas de San Xoán

A AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella organiza a tradicional Cachela de San Xoán mañá martes 23 de xuño na Praza Braulio Astray de Baio. Haberá sardiñas e boroa de balde e a festa principiará ás 21:30: da noite.

Serán máis de mil sardiñas as que se repartirán aos asistentes estimados en máis de trescentas persoas.

Non faltará a música e a cantina este ano é pro-comisión de festas de Baio, uns rapaces que están traballando arreo para que a vila labartina teña as festas de San Cristobal e Santa Bárbara que se merecen.

Novas relacionadas

  • A bitácora da semana (LVII): O blog da Coral de San Eleuterio de Tella.
  • A bitácora da semana (XL): O caderno de bitácora da Coral polifónica Xan Mella.
  • Fonte

     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com