|
O Instalaciones Galfcar gaña o maratón de fútbol sala de Cee |
Correo-e
|
|
martes, 23 de junio do 2009 |
|

Esta pasada fin de semana, o 20 e 21 de xuño tivo, lugar no Pavillón Municipal de Cee a 22ª edición de Copa-Maratón de fútbol sala Senior Concello de Cee 2009. Unha fin de semana de tolemia a que se vivíu no pavillón ceense, con encontros ata hroas intempestuvas como as 6:00 da mañá. Moi bo ambiente o que reinou no maratón, que determinou ao Instalaciones Galfcar, de Ameixenda (arriba), como o campión do torneo. Subcampión queda o Ferroatlántica A, de Cee (Aquí abaixo); mentres que 3º foi o Fin da Terra-Construcciones Ogando, de Mallas, e 4º resultou o Panadería Antoxo, da Ponte do Porto. O encontro máis seguido foi o da final, que se celebrou o domingo ás 21.00h. Unhas 300 persoas o que dá boa conta do seguimento desta clase de torneos, en tanto que a semifinal da Copa da Costa 2009 foi seguida por non máis que medio millar de espectadores en Miraflores. Abaixo vemos a entrega de premios, co concelleiro de deportes, Arturo Conde. 
 Novas relacionadas Máis información Fonte - Nota de prensa do Concello de Cee, da man de Manolo Calo.
|