|
A noite máis curta do ano será máis ben longa na Costa da Morte. Se levamos anos dicindo que a Costa non se acende polo San Xoán, este 2009 temos que dicir que son varios os concellos que se animan á festa.  O ano pasado xa pasaramos por Camelle e por Corcubión, para ver a casiña de Man prendida, e para escoitar aos Bakin´Blues en directo dende o Carrumeiro. No Ézaro Ézaro disfrutará do San Xoán da man do bar Praia do Ézaro. Haberá Sardiñada, Churrascada + Sangría por só 10€. Ademais poderán disfrutar da actuación na praia do grupo ·Bakin´Blues· ao carón da larada e posteriormente sesión de musica electronica ata que o corpo aguante. Para anotarse a Sardiñada, Churrascada + Sangría podedelo facer no propio bar Praia Do Ezaro ou no 670087919. En Camariñas Volta a Asociación Lumarea da Vila ao seu momento cumbre do ano, como non. Así, hoxe, martes terá lugar unha gran sardiñada acompañada de broa e cachelos, todo de balde. As activiades non fican aí xa que haberá inchables toda a tarde, e a partir das 22:00h hai verbena coa orquestra Niebla. Ás 0:00 terá lugar o acedindo da Lumarea máis grande da Costa da Morte. Este ano, os membros da asociación xuntaron máis de 200 tractores de leña, aí é nada. En Camelle, cacholas O día de cacholas a partir das sete da tarde empezarán os xogos e os hinchables para os máis pequenos. Seguiralle unha gran sardiñada e churrascada amenizada polas Cantareiras e pandereteiras "Caramuxa" de Camelle e de novo a actuación estelar de "Paco e o seu bastón" con novo repertorio. Tamén haberá unha gran verbena na compaña da orquestra Alarma, que tanto gustou o domingo do Espíritu Santo coa cantante de Arou. En Laxe Laxe recupera a tradición do San Xoan, facendo unha gran lumarea e unha sardiñada popular, no peirao vello. Unha festa organizada polas asociacións Amas de Casa, ANAPA Esprin, Hot Club de Laxe, Asoc. Minusválidos O Peñón e a Confraría de Pescadores de Laxe. A Banda de Gaitas Maruxía, amenizará a noite, e haberá música para todas as idades, así como sardiñas e viño de balde para todos os asistentes. As herbas do San Xoán Media Costa prepara as herbas para o San Xoán, unha tradición coa que non poden as novas tecnoloxías. As herbas Hai milleiros de teorías e de variante sobre as herbas que hai que recoller.. Cada señora ten o seu aquel, e cada zona, os seus costumes. O caso é chegar a casa e deixalas nun boa boa cubeta para que na mañá seguinte ese auga cheire de marabilla e nos purifique. Nós collimos espadana de río e codeso (especie de xesta pero máis pequeniña, ambas serán as responsables de librarnos das malas envexas. Tamén colléronnos fiuncho, corre os malos espíritus e é especial contra o mal de ollos. Malva de olor, que o cura todo: resfriados, bronquitis, afeccións dixestivas, nervios, etc. e segundo di o dito: "cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar". Herba Luisa, boa para os dores de estómago e barriga e contra os gases e os dores de cabeza, pero ademais é especial para os amoríos. O romeu que ademais de ser a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia, e bon para a reuma, artritis, trastornos do sistema circulatorio, depresión, etc. Fietio real, de río especialmente, que é un antiparásito moi bo. Outra das 7 herbas esenciais é, por suposto, a Herba de San Xoán, que como di o dito "A herba de San Xoán limpa a cara de grans", alén de estar considerada unha planta especial contra o demo... Ademais de todas estas no ramo tiñamos vieiteiro, lavanda, cardo santo, ortensia, e algunha flor como os xeranios. Todo para que quedemos libres de males e de meigallos xa que unha lavadiña matutina con ese auga tan ricamente olorosa, rexuvenece a calquera. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|