Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Baio renovará as rúas comerciais coas axudas da Deputación  Correo-e
martes, 23 de junio do 2009

Image

Varios son os concellos da provincia que son apoiados pola Deputación da Coruña, que destina máis de medio millón de euros para dinamizar e modernizar o comercio local de Arzúa, A Pobra do Caramiñal, Muros, Boiro, Sada, Culleredo e Zas. Así o asinou o alcalde zaense Lolo Muíño, que vemos á esquerda na foto de arriba.

Para o concello de Zas, a institución provincial destinará 57.165,17 euros para financiar o proxecto de urbanización e modernización das rúas comerciais de Baio.

As achegas económicas da Deputación da Coruña teñen como obxectivo o desenvolvemento, adecuación e modernización dos equipamentos comerciais destes sete concellos e contribuir á vertebración do comercio galego, segundo sinalou o presidente da institución provincial coruñesa, Salvador Fernández Moreda.

Moreda agardan que as axudas “sirvan para estimular e dinamizar o comercio local nestes concellos e contribúan a paliar a crise que atravesa o sector”, e afirmou tamén que dos mesmos “beneficiaranse non só os comerciantes, senón todos os veciños” das localidades sinaladas, xa que en moitos casos trátase de obras moi necesarias e demandadas polos veciños.

Fernández Moreda destacou a “exemplar cooperación” entre a administración autonómica e a Deputación da Coruña para o desenvolvemento destas obras, incluidas nos proxectos MERCA e URBANCOMER, nos concellos da provincia coruñesa.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

  • Gabinete de Prensa da Deputación da Coruña.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com